Yago Iglesias: “”Hoxe dábase para ter máis o balón, estar máis cómodos e ver pinceladas do que adestramos”

4 de Agosto de 2016

20160803_192547

  • Mitogo: “Estamos collendo sensacións, aínda non estamos ben de forma pero pinta ben a cousa”

Santiago de Compostela, a 4 de Agosto de 2016.

Ao remate do encontro, puidemos conversar  con Yago Iglesias e Mitogo, adestrador e goleador, que nos falaron un pouco máis sobre o que foi o partido disputado no campo de Cabanetán.

Pese ao avultado do marcador, o técnico fixo mención a que non fora un encontro sinxelo: “Ao poñerse eles por diante complicáronnos o encontro moito. Xa sabíamos que non ía ser un partido fácil porque o rival ía estar ao 200%, e así foi. Saíron moi metidos, apertando arriba, pero co paso dos minutos notouse ese salto de categoría”.

No mesmo senso, falou Mitogo: “Na primeira metade non nos saían as cousas, este campo é de herba artificial antiga e bota raro o balón e custounos adaptarnos ao xogo. Pero na segunda metade, o nivel físico foi superior, eles levaban unha semana adestrando e notouse”.

En canto ao detalles que xa asoman nesta nova SD Compostela, Yago dixo que “xa nos anteriores partidos empezábamos a ver algo, pero hoxe dábase mellor para ter máis balón, para estar máis cómodos e ver pinceladas do que adestramos”, como así o gozamos na xogada ensaiada do segundo gol.

Pola súa banda, Mitogo ten unha mentalidade positiva de cara a nova temporada, vendo o que se fai no campo, pese a estar na terceira semana de entrenamentos “estamos collendo sensacións, aínda non estamos ben de forma, pero pinta ben a cousa”.

E unha vez superado este rival, a pensar no seguinte. “Agora a intentar chegar o máis lonxe posible e aproveitar estes partidos tamén como preparación para a tempada”, concluíu Yago Iglesias.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.