A SD xa está nos cuartos da Copa Deputación

8 de Agosto de 2016

Santiago de Compostela, a 8 de Agosto de 2016.

A Sociedade Deportiva Compostela segue con paso firme na Copa Deputación. Tras eliminar ao Lesende, onte foi o Paiosaco quen quedou apeado do torneo copeiro a mans do cadro compostelán.

Do mesmo xeito que o outro día, o Compos dominou o partido de principio a fin, demostrando a súa superioridade técnica ante un rival de inferior categoría. Fíxoo, a partir dun once no que se produciron cinco cambios respecto ao mércores pasado. Manu Cedrón xogou en portería; Saro, David Rey, Taboada e Cabrejo, en defensa; Samu de pivote e por diante unha liña de catro con Diego Rey, Alberto, Mon e Juanin; e en punta de ataque, repetía Santi Gegunde. Cambiou a metade do equipo pero non a filosofía.

Así, a partir de xogadas combinativas, foron aparecendo as primeiras ocasións. As máis claras, unha de Alberto, o canteirán compostelán que fichou esta semana e que estivo moi participativo durante todo o encontro, e un gol anulado a Santi por facer falta á saída dun córner.

Tanto foi o cántaro á fonte, que ao final chegou o gol. Precisamente nunha xogada entre estes dous xogadores. Alberto asistiu a Santi, quen bateu ao meta local cun disparo coa súa perna esquerda. Un gol que lle serviu ao Compos para irse ao descanso con vantaxe no marcador.

Á saída dos vestiarios, a tónica mantívose. Dominaba a SD e creaba as mellores ocasións. Comezou o carrusel de cambios, pero a idea de xogo non variou, menos aínda cando Iriso foi expulsado no 67 por dobre amarela.

Cun xogador máis sobre o campo, os pupilos de Yago Iglesias camparon ás súas anchas polo terreo de xogo, e obra dese dominio chegou o golazo da tarde, obra de Samu, que mandaba o balón á rede cun tremendo disparo desde 25 metros.

Un gol que amornou os ánimos de ambos conxuntos, deixando o resultado final de cero a dous. Trámite resolto e a pensar no seguinte, o mércores, en San Lázaro, contra o Somozas, conxunto co que xa empataron no torneo de Praíña.

Ficha técnica:

0-Paiosaco: Rama; Mante, Sergio, Zalo, Iriso; Javi Fuentes, Josiño, Josiño, Diego Lois, Michi e Porty.

2-SD Compostela: Manu Cedrón; Saro, David Rey, Taboada (C), Cabrejo; Samu, Mon (Make, m.56), Alberto (Tomás, m.74), Diego Rey (Julián, m.61), Juanin e Santi Gegunde (Nogueira, m.68).

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

29 minutes ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.