Un Compos de playoff

16 de Outubro de 2016
whatsapp-image-2016-10-16-at-20-45-24
Momento do gol de Mon. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos consegue subir ao terceiro posto da clasificación, logo dunha meritoria vitoria ante o Bergantiños por 4-2.

Santiago de Compostela, a 16 de Outubro de 2016.

O fortín de San Lázaro volveu a xurdir efecto na tarde de hoxe. Visitábao un Bergantiños, candidato ao playoff de ascenso, pero iso non foi suficiente para que os tres puntos non quedasen en casa. Unha xornada máis, o Compos aproveita a vantaxe que ten nun campo tan grande como o seu para sumar de tres en tres.

A diferenza doutros partidos, e tal como apuntaba Yago Iglesias en rolda de prensa, o equipo saíu “con outra mentalidade de xogo”. Quixeron sorprender aos carballeses cun xogo máis directo e lográrono rapidamente.

No minuto 7, unha xogada entre dous xogadores que habitualmente contan con menos minutos, pero que se gañaron un posto no once a semana pasada, como son David Nogueira e Rubén, fabricaban o primeiro tanto dos santiagueses. Movemento de libro de Nogueira, que deixa correr o balón por banda, sorprendendo ao seu central, avanza co balón, e o seu centro raso ao segundo pau embócao o extremo arousán cruzando o esférico ao outro pau.

Dez minutos máis tarde, esta vez eran Rubén e Mon, que tamén entraba hoxe no once polo lesionado Cabrejo, quen xeraban a ocasión do segundo gol. Xogada en banda dos dous xogadores, centro de Mon, David Nogueira non consegue rematar, pero o seu rexeite queda nos pés de Tomás, que á primeira non pode, pero á segunda si que consegue soltar un canonazo coa zurda, que fai imposible a estirada de Cristopher.

A fórmula de Yago comezaba da mellor maneira posible, pero o Bergantiños ten moitos recursos, sobre todo na liña ofensiva, e non baixou os brazos. Nun córner discutido, no 21, Borja Facal levantábase no punto de penalti para rematar á rede un centro preciso de Jorge Sáez.

Sen apenas chegar á área xa meteran o primeiro gol, e non chegou o segundo na súa seguinte aproximación porque Manu estivo moi atento. O porteiro lucense, que repetía no once, despexou a córner un gran tiro cruzado de Rodri. Ben é certo que un omnipresente Tomás tivo o terceiro nas súas botas nunha rápida contra, pero o seu disparo pasou rozando o poste.

Estas dúas aproximacións non foron as últimas do primeiro tempo, xa que de novo Tomás tivo outra noutra contra, pero pegoulle mal cando tiña todo de cara, e o esférico petou en Nogueira, que estaba en fóra de xogo. E na última da primeira metade, Iago Blanco, tras un sensacional caneo e un caño a Julián, caía na área, pero o árbitro facía caso omiso ás protestas dos carballeses.

O descanso chegaba nun bo momento, xa que o Compos comezaba a sufrir polo alto ritmo de xogo, pero, a diferenza do que se podía pensar, á saída dos vestiarios sería o Bergan quen golpearía primeiro.

Tras unha perda nun saque de banda a favor, os visitantes xeraban unha rápida contra levada por banda dereita, centro atrás para Iago Blanco, e o mellor do Bergantiños no día de hoxe, coaba o balón na escadra contraria.

O empate sentaba como un xerro de auga fría na afección e xogadores, pero o estado de ánimo variou rápido. Dous minutos despois, no 49, unha falta botada desde o medio campo era rematada en semifallo por Santi Taboada, quen aproveitaba esta circunstancia para correr a por o seu balón e empuxala á rede, antes de que o porteiro puidese atrapala.

O Compos volvía estar por diante no marcador, e Yago sabía que esta vantaxe non se podía escapar. Quitou aos seus dous xogadores de banda, dando entrada a Mitogo e a David Rey. Con esta variación, Taboada pasaba ao mediocampo e Julián a banda dereita, coa clara intención de axudar a Saro para deter ao gran Iago Blanco.

O troco pareceu funcionar, xa que o Compos relaxou o encontro. Con esa pausa, chegou o cuarto gol, precedido dunha falta de Nacho a Mon. O propio xogador santiagués sería o encargado de botala e de cravala por toda a escadra. Un auténtico golazo que deixou pampos aos espectadores que acudiron ás instalacións de San Lázaro.

Restaba media hora, pero o marcador xa non se moveu. Como dixo Yago, “tras o cuarto tiramos de oficio, xuntamos liñas e aí estivemos de dez”. Foi tempo de cambios, da ovación a Tomás, que leva un mes xogando de marabilla, e de celebrar a quinta vitoria da tempada. Non chegou o quinto, aínda que pouco lle faltou, xa que no desconto Nogueira e Santi desaproveitaban un man a man co porteiro, pero daba igual, a festa estaba xa servida.

Tres puntos máis, catro partidos seguidos sen perder, e o Compos que entra no playoff. Terceiros, empatados co Rápido e a tres do Vilalbés, a situación pinta moi ben. Os xogadores vanse cargados de ilusión e moral, un entusiasmo co que pretenden lograr, a semana que vén, o triunfo na Grela, ante o Silva. A primeira vitoria fóra de casa pode estar máis preto que nunca.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.