O Compos presenta o seu II Campus de Verán

19 de Maio de 2017

20170519_120701_Richtone(HDR)

Santiago de Compostela, a 18 de Maio de 2017.

Na Sala de Trofeos do club, a SD Compostela, da man do seu coordinador das categorías inferiores, Juan Vicente Cameán ‘Juanvi’, e acompañado de Javier Puñal, director de marketing, presentou o que será o II Campus de Verán, o cal terá lugar a finais de xuño, do 26 ao 30, nas instalacións do campo Municipal das Cancelas.

Esta segunda edición contará cun patrocinador principal, EMAC, que “cre firmemente na responsabilidade social corporativa e tamén na canteira”, palabras que subscribiu Javier, en nome de Emilio Mato, director xeral da empresa santiaguesa.

Con este novo Campus, o Compos “segue o seu obxectivo de ser referente na cidade e no deporte”. Aínda así, o director de márketing do Compos quixo apuntar que “queremos promocionalo cada vez máis, chegando non só a Santiago, senón tamén aos concellos limítrofes da comarca”.

Na súa primeira edición, a pesar de presentalo tarde por problemas técnicos, o Campus contou cun total de 56 nenos, todo un éxito para os encargados de levalo. “O ano pasado foi unha tolemia, o último día, os pais déronnos moito ánimo e estaban encantados, polo que o noso pensamento é que este segundo ten que ser máis aínda”, reflectiu Juanvi, coordinador das categorías inferiores da escuadra branquiazul.

Juanvi tamén recalcou que “o primeiro obxectivo é que se divirtan, despois que coñezan o fútbol e por último que elixan a SD Compostela e que se animen a participar”. Para iso, dividirán as xornadas cunha mañá na que se traballarán aspectos máis tácticos e técnicos, deixando a tarde para adestrar finalización, realizar xogos e rematar con partidos entre os conxuntos que se formen.

Ademais, xa que poden apuntarse nenos de 5 a 18 anos, “cos máis pequenos traballaremos con aspectos psicomotrices e de iniciación ao xogo, mentres que cos maiores prepararémolos en aspectos máis técnicos”.

O Campus está aberto para nenos e nenas, tanto do club como doutros conxuntos da zona, e pretendemos “que o pasen moi ben e que vexan o que facemos os adestradores e os monitores que temos no club”, explicou Juan.

Os prezos, serán igual que o ano pasado, de 120€ o xeral, 115€ para federados, 105€ para abonados ou fillos de, 60€para os nenos da canteira, 70€ para irmáns inscritos e 80€ media xornada. En adición, poden contratar a comida, na Cafetería Lois, no Centro Comercial das Cancelas, pegado ao campo, por 35€ a maiores.

Buscando estandarizar este campus de verán, o club agarda poder contar cunha cifra maior á do ano pasado e que o pasen igualmente ben. Para apuntarse, deben cubrir o seguinte díptico nas oficinas do club, no Estadio de San Lázaro, o cal estará alí exposto.

20170519_113648_Richtone(HDR)-1

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🖤 Queremos trasladar as nosas máis sinceras condolencias ás familias das persoas falecidas no tráxico accidente ferroviario ocorrido esta mañá en ToledoAdemais, desexamos unha pronta recuperación ás persoas feridas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO DERBI CONFIRMADO⚽️ Xornada 10🆚 Arosa SC 🗓️ Domingo, 08/11🕔 17:00 horas🏟️ A Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, todos xuntos na nosa casa para acadar a cuarta vitoria consecutiva 💪🩵🤍🤝 Partido patrocinado polo Garoa SCQ 🆚 CD Basconia🗓️ Domingo, 01/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta: Link na web#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Semana de regreso á nosa casa! 💪Os nosos comezan con días de descanso para recuperar enerxías e preparar, a partir do mércores, o encontro deste domingo no Vero Boquete, no que buscaremos a cuarta vitoria consecutiva#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICAUn Compos de doce consegue a terceira vitoria consecutiva⚽ Os nosos dominaron os tempos do partido no Pepe Quimarán e levaron os tres puntos con goles de Dani González, Buba e Antón Guisande📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.