Saro, primeiro lateral para a nova tempada

9 de Xuño de 2017
Acción de Saro ante o Dubra. Foto: Amadeo Rey.
Acción de Saro ante o Dubra. Foto: Amadeo Rey.

 

  • O lateral dereito firma por un ano có club

Santiago de Compostela, a 9 de Xuño de 2017.

O Compos xa conta co seu primeiro lateral para o seu novo curso, no que o obxectivo é meterse no playoff de ascenso. Cesáreo Seoane Mella ‘Saro’ continuará no Compos outra tempada máis, xa que asinou co club ata xuño de 2018.

Saro, do mesmo xeito que Samu, chegou ao Compos procedente do Noia, onde era adestrado por Yago Iglesias. Desde que comezou a pretempada, o lateral dereito asentouse no once como un xogador indiscutible. Así, xogaría todos os partidos posibles durante a tempada, tanto de copa como de liga.

Ao terminar o ano, o lateral disputou 37 partidos en Terceira División, con tan só dous de suplente. O partido que se perdeu foi por acumulación de cartóns, xa que lle sacaron cinco. Ademais, en todos estes partidos, anotou un gol, ante o As Pontes, no partido da segunda volta, o cal lle serviu ao equipo para empatar lonxe de San Lázaro, e tamén participou en numerosos tantos, con asistencias ou con incorporacións pola banda que acabaron xerando xogadas de gol.

Coa súa firma, o Compos conta xa con trece xogadores para a nova tempada, á vez que consegue ao seu primeiro lateral para o novo ano, aínda que Uña tamén poderá actuar nesa demarcación se o técnico así o require.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 UD Llanera 🏟️ Pepe Quimarán🕔 17:00 horas🎟️ 15€ - Xeral | Gratis - Menores de Idade📺 Tiivii TV🙌 A pola terceira seguida co voso apoio!📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.