Empate entre dous candidatos ao playoff

29 de Outubro de 2017
Rubén foi o protagonista do choque, patrocinado por Castyromer, desde a súa entrada. Foto: Amadeo Rey.
Rubén foi o protagonista do choque, patrocinado por Castyromer, desde a súa entrada. Foto: Amadeo Rey.
  • Os dous goles chegaron en dous minutos, obra de Javi Pazos e Rubén.
  • Fran Matos e Rubén acabaron expulsados nos últimos minutos.

Santiago de Compostela, a 29 de Outubro de 2017.

Empate moi traballado do Compos na casa ante un correúdo Arosa. Dous conxuntos candidatos ao playoff mostraron as súas credenciais no tapete de San Lázaro, con gran interese por ter a posesión, seguros atrás e con mordente na parte dianteira.

Así, nun choque de poder a poder, ambos os conxuntos levan un punto ás súas casas, despois de ver dous tantos nun intervalo de dous minutos. Primeiro deu no saco o Arosa, cun tanto de Javi Pazos desde fóra do area, pero respondeu o Compos cun gol de de Rubén de vaselina.

Cos once xogadores que xa saben recitar de memoria os afeccionados santiagueses, a SD Compostela saltaba a San Lázaro coa firme intención de superar un novo reto, o de vencer en casa a un conxunto da parte alta. Para iso, unha das premisas era a de manter ben resgardada a portería, evitar os goles visitantes.

Así, cun bloque ben plantado atrás, as ocasións nos primeiros 45 minutos foron escasas, destacando máis as xogadas bruscas. A primeira clara foi para o cadro visitante, cando Javi Pazos aproveitaba un tropezón de David Uña para plantarse só ante Lorenzo, pero o seu pase da morte foi despexado pola defensa.

Pasada a media hora, o Compos tería a máis clara nas botas de Primo, cando o dianteiro se virou dentro da área e, só, lanzaba o balón á portería, pero o tiro saíu centrado e Lloves puido atrapala.

A esta ocasión respondeu o Arosa con dous grandes intentos: un tiro de Julio Rey desde o pico de área que saíu rozando a escuadra e un remate de primeiras de Manu desde o punto de penalti que saíu por un lateral.

Á saída dos vestiarios, a tónica dos últimos minutos da primeira parte seguiu. Partido igualado e con escasos achegamentos, aínda que no minuto dous vimos a primeira, nunha xogada na que entre a defensa e o porteiro sacaban un disparo de Sylla desde dentro da área pequena.

O tanto visitante chegaría no minuto 71 nunha recuperación de balón, na que o equipo local reclama man, abertura á banda de Iago Beceiro, que cedía para Javi Pazos, quen desde fóra da área soltaba un gran zapatazo que entraba pegado ao pau.

Con todo, cando peor se puxeron as cousas, o Compos sacou a súa garra. Na seguinte xogada, nun despexe da defensa, Rubén, que entrara na segunda metade, gañou en velocidade ao seu lateral e adiantouse ao porteiro, para picala ao fondo das mallas.

Co tanto, o equipo veu arriba e rozou o segundo nunha nova internada de Rubén. O extremo centrou atrás para a chegada de Álex Ares, pero o mediapunta rematou picado e o balón foise ás mans de Lloves. E no minuto seguinte, de novo Rubén, adiantábase a todos e caía dentro da área ante a saída do porteiro. Puido haber penalti, pero o colexiado non decretou nada.

Esta xogada foi quentando o ambiente e acabaría de romper chegando ao noventa. Primo recibía un cartón por chocar co central, armábase balbordo e Fran Matos agredía a Rubén, polo que se ía expulsado. Dous minutos máis tarde, o propio Rubén era expulsado por recibir a segunda amarela nunha simulación.

Con esta cantidade de cartóns o partido morría e o empate quedaba no marcador. Un resultado xusto nun partido no que o Compos volveu demostrar unha gran solidez defensiva. Ademais, con este punto, o equipo colócase segundo na táboa, pensando xa no partido do mércores contra o Alondras.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Cardeñosa, David Uña, Mon; Álvaro Casas, Samu (Ube, m.67); Róber (Tomás, m.72), Alex Ares, Santi (Rubén, m.56); e Primo.

1- Arosa SC: Lloves, Fran Matos, Marcos, Rivas, Suso; Sidibé, Manu (Óscar, m.64); Sylla, Julio (Seba, m.84), Yerai (Iago Beceiro, m.67); e Javi Pazos.

Goles: 0-1: Javi Pazos, min.71; 1-1: Rubén, min.73

Árbitro: López Vila, comité coruñés. Expulsou a Rodri (segundo adestrador), a Rubén, por dobre amarela e Fran Matos por agresión. Ademais, amoestou a Cardeñosa, Álvaro Casas, Uña, Ube e Primo, polos locais; e a Manu e Marcos, polos visitantes.

Incidencias: Partido da duodécima xornada de Liga de Terceira División disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 840 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨Hugo Matos, traspasado ao C.D. Numancia de SoriaGrazas polo teu traballo e esforzo durante todos estes anos e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris promociona ao primeiro equipo dende o Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso🤝 O mediocentro da Canteira Picheleira, que xa debutara co Compos, firma por unha tempada𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/18/goris-promociona-compos-25-26/#goris2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.