Sábado de categorías inferiores

15 de Decembro de 2017
  • Todos os encontros xogaranse entre a mañá e a tarde do 16.

Santiago de Compostela, a 15 de Decembro de 2017.

Tras unha xornada estraña, na que apenas se xogaron encontros por diferentes motivos, chega unha nova fin de semana cargada de partidos, a excepción do alevín de primeira e o  benxamín que xa acabaron as súas respectivas ligas. Entre os partidos, os xuvenís queren manter as súas boas dinámicas.

Con tres vitorias consecutivas, o Xuvenil de Nacional quere outra semana sumando e para iso terá que superar ao CD Boiro, nun partido que se xogará o sábado ás 16.00 horas en Vista Alegre (Boiro).

Á mesma hora, no campo da Merced, tamén disputará o seu encontro o xuvenil B, enfrontándose tamén a un equipo da localidade do Barbanza, o EFM  Concello de Boiro.

Este último equipo será o rival do cadete. Os branquiazuis viaxarán a Cabo da Cruz para medirse ao equipo local, nun partido que se iniciará ao mesmo tempo que os dous anteriores.

En infantís, ambos xogarán o sábado pola mañá no campo da Merced. O A será o primeiro en entrar en liza, ás 9.30 horas, contra o Escola de Fútbol de  Boqueixon, mentres que o B saltará ao campo ás 11.15 horas para enfrontarse ao Escola de Fútbol Silleda.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 minutes ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.