Finalizou o primeiro Campus de Nadal da SD Compostela

5 de Xaneiro de 2018
Lucas baixo os paus ante o tiro dun dos pequenos.
Lucas baixo os paus ante o tiro dun dos pequenos.

Santiago de Compostela, a 5 de Xaneiro de 2018.

O primeiro Campus de Nadal da Sociedade Deportiva Compostela chegou ao seu fin este mediodía, tras catro xornadas de moitos adestramentos nun ambiente familiar e divertido. A cita deste venres, na que cada neno recibiu o seu diploma acreditativo, serviu para pechar un evento do que se espera que se prolongue no tempo.

Os nenos participantes pecharon a súa semana de Campus cunha xornada na que ademais dos habituais xogos, recibiron a visita de Jaime Rey, xerente de Segundo Rey SL, patrocinador deste primeiro campus, e Lucas Díaz, porteiro do primeiro plantel da SD Compostela.

Eles dous foron os encargados de repartir os sorteos para os inscritos, así como os diplomas entre os pequenos. Ademais compartiron as súas experiencias cos rapaces e, no caso do meta, tivo que poñerse baixo os paus para deter os penaltis que lle lanzaron os nenos.

Por outra banda, o club quere agradecer a Segundo Rey, a colaboración con esta iniciativa para os mozos composteláns, así como a todas as firmas que achegaron a súa axuda para que o primeiro Campus de Nadal saíse adiante: Gadis, Kia Compostela Concesionario, Reizentolo, Hale Shop, 442 Botas, Concello de Santiago, Armesa, Gráficas Garabal, Galicia Saudable e Deputación da Coruña.

Tamén merecen unha mención especial Edgar e Javier, adestradores durante as catro xornadas que durou a actividade. O seu labor foi vital para que os nenos o pasasen xenial e aprendesen uns valores positivos en torno ao fútbol.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.