A USC e a SD Compostela afianzan a súa colaboración

21 de Febreiro de 2018

DSC_0015

  • A USC e a SD Compostela afianzan a súa colaboración.

Santiago de Compostela, a 21 de Febreiro de 2018.

A USC e a Sociedade Deportiva Compostela asinaron este mércores un acordo de colaboración polo que, entre outros asuntos, a institución educativa convocará cinco bolsas para que deportistas da sociedade poidan cursar estudos de grao en Santiago.

Ademais, en virtude do convenio o Compos colaborará na realización dun campus de fútbol para nenos e nenas de entre 9 e 16 anos a celebrar en xuño de 2018 nas instalacións da USC e que terá continuidade o vindeiro ano. Os campus, dunha duración dunha semana, impartiranos técnicos do club deportivo.

Na sinatura do acordo, dunha vixencia de dous anos prorrogable, participaron o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da SDC, Antonio Quinteiro Canedo, que estiveron acompañados pola vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez, e polo responsable de Relacións Externas da sociedade, Ramón Castro.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

49 minutes ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Ourense CF 🏟️ Vero Boquete🕔 17:00 horas🎟️ Entradas online na web ou físicas no Despacho de Billetes (desde as 15:45 horas)📺 En Xogo 🙌 Queremos darvos unha alegría na nosa casa! Todos xuntos, a polo triunfo!#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🙌🫂 Mañá, todos ao Vero Boquete de San Lázaro!💪 Podemos conseguir o triunfo no derbi entre todos🏟️ Queremos seguir de doce e sumar un +3⃣ na nosa casa! 📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🏅🚴‍♀️ Orgullo de Compostela!Alejandra Neira, campioa do Mundo en Ruta e de Europa en CRI en categoría Junior, será homenaxeada este domingo no Vero Boquete⚽️ A ciclista compostelá fará o saque de honra no derbi contra o Ourense CF #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos buscará dar un golpe de autoridade na casa e confirmar así a súa boa dinámica 🗓️ Os nosos recibirán o domingo ás 17 horas ao Ourense FC co obxectivo de prolongar o gran momento do equipo, con 13 puntos obtidos dos últimos 15 posiblesPor primeira vez no que vai de tempada, Carlos de Lerma terá á súa disposición aos 24 membros do plantel📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 11🩵🤍 O técnico do Compos destacou que ten a todo o plantel, que seguen co debe de darlle á afección unha alegría na casa e analizou as claves para poder conseguir o triunfo no derbi#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.