Xornada con tres vitorias

9 de Abril de 2018
O equipo biberón antes do seu partido.
O equipo biberón antes do seu partido.
  • O Amio SD, SD Villestro e Vitoria FC foron os principais rivais dos nosos equipos

Santiago de Compostela, a 9 de Abril de 2018.

A xornada de regreso para as categorías inferiores da SD Compostela deixounos unha bagaxe de tres triunfos. Os enfrontamentos estiveron protagonizados, na súa ampla maioría, contra tres equipos da zona, o Vitoria FC, a SD Villestro e o Amio SD, con resultados dispares segundo a categoría. Ademais, tamén se viu o debut do equipo biberón.

En primeiro lugar, o Zona Vella non tivo o seu día de sorte, xa que caeu por 1-2 ante o Villestro, despois de poñerse por diante no marcador na primeiro metade co tanto de Francisco Anido.

Tampouco correu sorte o xuvenil de Liga Nacional no seu enfrontamento na Madroa contra o Celta B. O partido acabou con vitoria local por oito goles a cero.

Mellor resultado cultivou o xuvenil B, primeiro triunfador da xornada. Os branquiazuis superaron por 0-2 ao Vitoria e afiánzanse na metade da táboa. Mario Galo e Schadrac Lonji foron os artífices, coas súas dianas, do triunfo.

Tamén gañou o Cadete, despois de tombar co Xuventú Aguiño por 4-1. Gerardo Lago adiantou aos nosos no minuto 7 e, a pesar de que empatarían os visitantes na primeira metade, un dobrete de Mario Galo e outro tanto de Etienne Lorenzo certificaron os tres puntos.

En infantís, o A perdeu 3-1 contra o Vitoria nun partido no que sempre foi a remolque, mentres que o B segue no alto tras vencer por 4-2 ao Amio, nun duelo que dominou de principio a fin.

En categoría alevín, o A caeu por 2-5 contra o Amio, aínda que mantén a súa posición no  playoff, mentres que o B xogará esta tarde o partido desta xornada contra o Amio.

Por último, tanto o Benxamín como o Biberón, que debutou na competición esta fin de semana, non tiveron fortuna e perderon os seus encontros contra o Conxo e Villestro, respectivamente.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.