Xuvenil B, Cadete, Infantil A e Alevín A acabaron as súas ligas

7 de Maio de 2018
  • O Nacional caeu ante o Rápido de Bouzas e seguirá pelexando por salvarse

Santiago de Compostela, a 7 de Maio de 2018.

A xornada para as categorías inferiores da SD Compostela saldouse cos triunfos do Alevín A e do Benxamín, nunha fin de semana marcada polo final das ligas de catro dos conxuntos branquiazuis, o propia alevín, o xuvenil B, o cadete e o infantil A.

En primeiro lugar, o filial logrou un empate a un tanto na súa difícil visita ao campo do Montaos. O Zona Vella adiantouse no minuto 4 cun tanto de Rodrigo Figueiras, pero os locais empataron na segunda metade, xusto despois de que os santiagueses quedasen con dez. Aínda así, os tres puntos estiveron a piques de viaxar para a capital, pero os nosos fallaron un penalti no último minuto do encontro.

O Xuvenil Nacional non puido encadear dous triunfos consecutivos e terase que seguir xogando as castañas nas tres xornadas que restan. A mala fortuna afectou a un conxunto branquiazul que se puxo por diante no marcador no minuto 60 cun gol de Yago Torrente. Con todo, os vigueses deronlle a volta ao mesmo en sete minutos e o resultado xa non se movería a pesar dos continuas acometidas santiaguesas.

Pola súa banda, o xuvenil B logrou un meritorio empate a dous tantos na súa visita ao EFM Boiro, resultado co que terminan a liga en décimo lugar. Un dobrete de Marcos Andrade puxo as cousas moi de cara para os nosos, pero o conxunto do Barbanza conseguiu empatar na segunda metade.

En canto ao cadete, xa coa permanencia asegurada dende hai semanas, caeu no seu último encontro contra o segundo clasificado, o EFM Boiro, por 1-5. Martín Díaz marcou a diana da honra para un equipo que acaba décimo terceiro a liga.

O infantil A tamén logrou a permanencia na categoría, acabando o campionato en décimo terceiro lugar. O último partido dos santiagueses acabou con empate a tres goles contra a Escola de Fútbol de Boqueixón, nun encontro no que chegou a poñerse cun claro 0-3 antes do descanso.

En alevíns, o A logrou un gran triunfo por 2-3 contra o líder, o Racing San Lorenzo, e conseguiu subir ao segundo chanzo do playoff nesta última xornada. Os branquiazuis puxéronse cun claro 0-3 e despois mantiveron a renda para acabar rabuñando estes tres puntos.

Por último, o benxamín gañou tamén por 2-3 contra o Arzúa, resultado co que soben un posto no playoff, igualados co Dubra, rival a próxima semana, mentres que os biberóns caeron contra o Santiago nunha nova xornada ligueira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.