Presentado o III Campus de Verán da SD Compostela

9 de Maio de 2018
Javier Puñal e Manuel Castiñeiras co cartel do Campus.
Javier Puñal e Manuel Castiñeiras co cartel do Campus.
  • Levarase a cabo no campo de As Cancelas do 25 ao 29 de xuño

Santiago de Compostela, a 8 de Maio de 2018.

A SD Compostela segue afianzando o seu proxecto de canteira e este verán realizará o seu III Campus de Verán, un evento dedicado para nenos de 5 a 18 anos que se celebrará no campo Municipal de As Cancelas do 25 ao 29 de xuño.

Nun acto realizado na Sala de Trofeos do Club, no Estadio de San Lázaro, Javier Puñal, director de marketing da entidade, e Manuel Castiñeiras, director deportivo do club, explicaron os detalles desta nova edición do campus.

“É unha honra e prestixio continuar con este Campus, xa que un obxectivo do club era potenciar a canteira e nese aspecto o Campus era moi importante”, explicou Javier. A actividade servirá, tal como indicou “para dar continuidade en postemporada, para coñecer un pouco máis o club, que nos coñezan e gozalo”. Cun obxectivo de chegar ao centenar de nenos, o que axudará que esta edición se presentase con maior antelación, o director de marketing resumiu o campus como “unha semana distendida, ao redor da práctica do fútbol, no que os nenos poidan progresar a nivel integral, non só no deporte”.

Divididos por idades e con diferentes monitores, os pequenos gozarán dunha semana practicando o deporte que máis lles gusta, á vez que desenvolverán valores positivos ao redor da práctica deportiva, como o compañeirismo. Xogarán, pero tamén realizarán outras actividades como unha visita guiada polo estadio. A maiores, nesta edición, como novidade, os pequenos contarán cun adestrador de porteiros.

Cada día, como vén sendo habitual, gozarán dun xantar a media mañá e, ao termo da xornada matinal, contarán coa visita dalgún personaxe ilustre de diferentes ámbitos, pero sempre relacionado con este deporte (xogadores, adestradores, árbitros, directivos…).

O club ofrece tamén a posibilidade de que os nenos e nenas, pagando un suplemento de 35€, coman todos xuntos na Cafetería Lois, no Centro Comercial  As Cancelas.

Os prezos da actividade serán os seguintes:

– Canteira da SD Compostela: 60€

– Irmáns de inscritos: 70€

– Media xornada: 80€

– Abonados ou fillos de abonados: 100€

– Federados: 115€

– Xeral: 120€

Por último, Javier Puñal agradeceu o apoio das institucións, en especial, a EMAC Proxectos e Obras, patrocinador do III Campus da SD Compostela, pero tamén dos colaboradores: Concello de Santiago, Grupo Alumisan, Gadis, Kia, Hale, Lambonadas, Gráficas Garabal, Armesa, Lois Cervecería, 442 Botas, Laucreaciones, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Galicia e Galicia Saudable.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🙌🫂 Esta tarde, entra con tempo ao Estadio para evitar colas e apoia aos nosos desde o primeiro minuto!!!Apertura do Despacho de Billetes e de Portas: 17:15 horasAcceso: Tribuna - 2 e 16 | Preferencia - 9 (dobre apertura)💪🩵🤍 A remontada comeza na bancada!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste 🩵🤍✅ O transcendental duelo de play off desta tarde no Vero Boquete está patrocinado pola empresa ambiental🙌 No seu compromiso co territorio, apoio o noso proxecto e patrocina aos nosos porteiros🫂 Moitas grazas por estar aí!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Coa vosa forza, a pola remontada na nosa casa!!!🆚 @Atlético Arteixo 🕡 18:30 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 O Vero Boquete ten que ser un fortín!!🙌 TODOS XUNTOS DESDE O INICIO!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.