A festa do título antes do playoff

11 de Maio de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=” https://youtu.be/oV_fK1Fkbxk” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O equipo quere acabar con boa dinámica para a eliminatoria de campións

Santiago de Compostela, a 11 de Maio de 2018.

A tempada chega ao seu fin e a SD Compostela, cos deberes feitos, gozará dun plácido domingo onde poderá celebrar o título de liga ante toda a súa afección, antes de coñecer ao seu rival do playoff. O equipo quere, tras asegurar o primeiro posto, acabar a liga con boa dinámica para a primeira eliminatoria de campións e porque lograrían un total de 89 puntos, unha puntuación histórica no club e na liga.

Para iso, nesta última cita, os branquiazuis mediranse a un equipo de gran nivel, un CD Choco que xa lles puxo as cousas moi complicadas aos nosos na primeira volta, nun encontro que acabou con triunfo santiagués por 1-2.

“Creo que será un partido moi duro, non porque os tres puntos sexan vitais, senón porque acabarán en San Lázaro e quererán deixar moi boa imaxe, polo que creo que farán un partido igual de aguerrido que en xornadas anteriores”, comentou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Para superar este último reto, o corpo técnico ten claro que seguirá apostando polas rotacións. “Seguiremos coa liña continuista das últimas semanas porque dependendo do rival que nos toque, polo tipo de partido que se poida expor, necesitamos ter a todos os xogadores a lume de biqueira”, analizou o técnico.

Nestas rotacións non entrarán nin Santi, que será baixa segura pola súa escordadura, nin Primo, con quen non se arriscará ante a ameaza dunha quinta amarela. Tampouco estará ningún xuvenil, xa que se están xogando a salvación, pero Yago si que espera a Diego Rey, quen xa fixo todo o adestramento no día de hoxe.

Os que formen parte da partida o que teñen claro é que “queremos non só seguir cultivando récords, senón por chegar ao partido de campións con boas sensacións, xa que non é o mesmo facendo as cousas que queremos que tendo outro resultado, aínda que será unha proba para ensaiar certas cousas”, sinalou o adestrador.

Os branquiazuis queren agradar a todos os afeccionados que asistan a San Lázaro, agradecendo o seu apoio durante a tempada cun gran xogo e esperando a que o fortín sexa máis forte que nunca na dura eliminatoria que se verá nos seguintes quince días.

De momento, á espera do rival, toca gozar do título de Liga e ter unha última xornada plácida. Con este motivo, o club permite que todos os socios saquen dúas entradas gratuítas para que todos poidan animar a estes mozos, un plantel que logrou unha tempada incrible.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.