Mon Vives: “Todos queremos que empece xa a eliminatoria”

17 de Maio de 2018

Santiago de Compostela, a 17 de Maio de 2018.

A semana pasa e cada vez está máis preto o partido do domingo, o inicio da eliminatoria de campións contra o RCD Espanyol B. Os xogadores branquiazuis teñen ilusión, confían en si mesmos e por iso queren que chegue xa o momento de saltar ao campo.

“Todos queremos xa que empece a eliminatoria e demostrar o que levamos facendo durante a tempada”, explica Mon Vives, capitán do equipo.

Á cabeza deste plantel cheo de xogadores novos, o mediocentro comenta que este duelo “hai que tratar de enfocalo con tranquilidade, seguindo a liña de todo o ano, pero tendo claro que os pequenos detalles son os que marcarán a diferenza e por iso temos que estar moi concentrados durante os 180 minutos”.

Ese detalle cre Mon que será o que decante a balanza, xa que presume uns partidos “de ti a ti, moi bonitos de ver para os espectadores”, razón pola que anima a que todo o público a que se achegue a San Lázaro para animalos.

Do rival, en base aos detalles que lles ensinou Yago nos adestramentos, analiza que son un conxunto que “aperta moito arriba, con xente que ten ganas de chegar ao primeiro equipo, o que se nota cada domingo, e que despois teñen moi bos xogadores por dentro, rápidos por banda, pero que destacan polo equipo”.

Estas as súas virtudes, pero se algo ten claro o plantel é que o Compostela tamén ten a súas e que son moi boas porque lles deu o campionato e esa será a liña que seguir por todos.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.