Alberto Freire: “O que nos fixo onte a afección foi impresionante”

11 de Xuño de 2018
  • O mediocentro considera que é positivo a proximidade do rival para crear un ambiente de fútbol moi bonito

Santiago de Compostela, a 11 de Xuño de 2018.

Luns de reflexión para a SD Compostela, despois da xesta lograda onte contra o Terrassa. Foi unha xornada na que o equipo coñeceu o rival para a eliminatoria final polo ascenso a Segunda B, o CF Salmantino UDS, conxunto que terminou como cuarto clasificado no grupo 8 da Terceira División e que chega a esta eliminatoria tras derrotar a un segundo, a UD Poblense, e a un primeiro, a UD Mutilvera.

Entre medias das primeiras informacións sobre o rival, Alberto Freire, que onte realizou un gran desgaste na media hora que estivo no campo, foi o encargado de poñer voz ao equipo, con algúns compañeiros acompañándoo na rolda de prensa.

O centrocampista de Campolongo comentou que se o Salmantino chegou á última rolda é por méritos propios e seguro que lles poñerá as cousas moi difíciles. “Esixiranos dar o 200 % se queremos lograr o ascenso”, declarou.

A estas alturas, con só 18 equipos en liza, Alberto considera que, seguro que ninguén quería que lles tocase o Compostela, aínda que as posibilidades estarán abertas para ambos os lados.

Do duelo, a proximidade entre conxuntos é o factor positivo. “A situación de ambos permitirá que as afeccións se poidan desprazar, creando un ambiente de fútbol moi bonito”, explicou un Alberto que espera que os branquiazuis se despracen en masa a Salamanca.

En canto ao de onte, comentou que están moi contentos porque todos crían que era posible e ao final logrouse. “Lograr a remontada diante da afección, dedicándolla, foi moi especial e estamos moi contentos. Foi un xute de adrenalina importante, porque todos nos daban por mortos, e foi incrible”, analizou.

Ademais, tamén tivo palabras de agradecemento para o agarimo que lles deu o público. “Antes do partido xa iamos case 1-0. Foi impresionante o que nos fixeron, nunca o vivira e quédame no recordo para toda a vida”, sincerouse o mediocentro.

Por último, sabendo que o adestrador xa está a buscar a información necesaria para axudarlles a superar esta última eliminatoria, espera ter a sorte de cara coma onte e que a cidade responda dentro de 15 días. “Oxalá podamos vivir dentro de 15 días o de onte e dedicarlle un ascenso a toda a afección”, concluíu Alberto Freire baixo os aplausos dun pequeno grupo de xogadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.