O Compos pasa a semifinais no desconto

8 de Agosto de 2018
Miki superando ao porteiro no primeiro gol. Foto: Amadeo Rey.
Miki superando ao porteiro no primeiro gol. Foto: Amadeo Rey.
  • Un gol de Brais Abelenda no 92 deulle o pase aos branquiazuis

Santiago de Compostela, a 8 de Agosto de 2018.

A SD Compostela xa está nas semifinais da XXX Copa Deputación da Coruña despois de superar ao Bergantiños CF en San Lázaro por 2-1. Os pichichis da pretemporada, Miki e Brais Abelenda, foron de novo os protagonistas nun partido no que volveron ver porta.

Tras unha primeira parte moi igualada, na que ambos os conxuntos tiveron oportunidades pero non foron capaces de aproveitalas, na segunda desatáronse as hostilidades e caeron os goles.

O primeiro en ver porta foi o Compos grazas á velocidade de Miki Villar. O de Nigrán, que acababa de entrar ao campo, aproveitou un pase picado por encima da defensa de Marcos Remeseiro para adiantarse ao meta e batelo por baixo cun punteirazo.

Con todo, aos catro minutos, no 65, Borja Facal empataba de novo o encontro grazas a unha xogada na que levou tres rexeites consecutivos. O lateral quedou só ante Lorenzo e superouno cun toque sutil co exterior.

O partido víase abocado aos penaltis, pero apareceu a sorte dos campións. No desconto,  Saro roubou o balón na zona de tres cuartos, entregouna a un Mon que avanzou como unha frecha e deixouna ao espazo para a carreira de Brais Abelenda, quen controlou coa dereita e superou a Buggi cun disparo cruzado ao segundo pau.

O cuarto tanto da pretempada de Brais serviu así para que o equipo lograse o pase ás semifinais, onde se medirá o domingo á SD Negreira, esta vez lonxe de San Lázaro.

FICHA TÉCNICA:

2- SD Compostela: Lorenzo; Sergio Pereira, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Samu (Mon, m.66), Marcos  Remeseiro; Josiño (Ube, m.69), Álex Ares (Miki, m.56), Rubén (Saro, m.74); e Aythami (Brais Abelenda, m.56).

1- Bergantiños CF: Buggi; Borja Facal (Rubén, m.83), Agulló, Baleato, Aarón; Caridad, Granada; Cano (Pereira, m.84), Cañi, Toni; e Rivera.

Goles: 1-0: Miki, min.61; 1-1: Borja Facal, min.65; 2-1: Brais Abelenda, min.92.

Árbitro: González Franco, comité ferrolán. Amoestou a Josiño, polos locais, e a Toni e Granada, polos visitantes.

Incidencias: Partido de cuartos de final da XXX Copa Deputación da Coruña disputado no Estadio de San Lázaro ante 400 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.