Un recoñecemento da afección aos nosos xogadores

14 de Setembro de 2018
Os dous integrantes da peña Os Dous xunto a Ramón Castro.
Os dous integrantes da peña Os Dous xunto a Ramón Castro.
  • A Peña Os Dous crea un premio co mesmo nome, que será entregado ao mellor xogador do equipo ao final da tempada

Santiago de Compostela, a 13 de Setembro de 2018.

A afección da SD Compostela quere premiar a uns xogadores que se dan a vida no campo por unhas cores, o azul e branco do Compos. Como homenaxe ao gran traballo realizado a pasada campaña, a Pena Os Dous, involucrando ao resto de agrupacións que forman parte da entidade, creou un premio que se outorgará ao final do ano ao mellor xogador da tempada.

A votación, realizada nun grupo de WhatsApp, no que 19 son os facultados para facelo, segue os pasos do Man of the Match da Premier League. Os participantes sinalan quen foi o mellor xogador dese partido para eles e o máis votado leva un punto para a clasificación xeral, e así sucesivamente nas 38 xornadas que compoñen o campionato ligueiro. En caso de empate, o gañador será o que máis veces fose nomeado entre todos os encontros.

A idea inicial, se a vitoria está decidida, é entregar o trofeo na xornada 37, aproveitando o partido en San Lázaro contra a UD Somozas. Ata o momento, Marcos Remeseiro, Santi Gegunde e Brais Abelenda, cun punto cada un, lideran a clasificación.

Nesta iniciativa privada están involucrados diferentes afeccionados que pertencen ás peñas Fendetestas, Linguazul, Bótalle Outra, Frente Gaias e a citada, Os Dous. Ademais, tamén votan compostelanistas de marcado prestixio como Toncholeto ou outros seguidores que están fóra como Héctor, desde Madrid, Xoserra, en Cantabria, ou Dhanur, en Cataluña. Nestes últimos casos, só teñen a posibilidade de participar se o partido se retransmite pola televisión. A maiores, os creadores convidan tamén a Guille, de Curva Branquiazul, e Fernando Treviño, para que participen a título particular.

A pesar de que o trofeo recibe o nome da peculiar peña impulsora do mesmo, “Os Dous”, aclaran que a idea é que todos sexan partícipes e que o día da entrega estean presentes os representantes de todas as peñas.

Por último, con este premio queren agradecer tamén o labor de Manu Castiñeiras como director deportivo, ao que consideran parte fundamental do devir do club, e a Ramón Castro, directivo encargado das relacións externas e que sempre está preocupado polo afeccionado e que aseguran que cumpre á perfección a súa función.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.