Primeira derrota nunha tarde de mala fortuna

30 de Setembro de 2018
Celebración do gol de Marcos Remeseiro, nun partido patrocinado por Cecastar. Foto: Amadeo Rey.
Celebración do gol de Marcos Remeseiro, nun partido patrocinado por Cecastar. Foto: Amadeo Rey.
  • O Bergantiños levou o triunfo de San Lázaro por 2-3, aproveitando tres poutadas

  • Brais e Marcos anotaron na primeira parte, pero Cristopher desbaratou todas as ocasións locais na segunda

Santiago de Compostela, a 30 de Setembro de 2018.

Cando a pelota non quere entrar, non se pode facer máis. O Compos mostrou xogo, sacrificio e ocasións, pero non tivo a tarde e o Bergantiños levou o triunfo con tres poutadas. 2-3 final, nun partido entre dous grandes conxuntos que seguen no máis alto da clasificación, malia que coas posicións revertidas.

A SD Compostela foi superior ao seu rival e adiantouse dúas veces na primeira parte, con goles de Brais Abelenda e Marcos Remeseiro, pero Rivera e Cañi neutralizaron ambas as vantaxes ao descanso. Na segunda, Cristopher e a mala fortuna, como no penalti, evitaron o tanto local, mentres que Rivera aproveitou a única visitante.

Era un duelo de xigantes e a SD Compostela saltou a San Lázaro, que luciu a mellor entrada da tempada, como requiría un duelo destas circunstancias. Os de Yago Iglesias saíron cunha marcha máis e en poucos minutos puido certificar a súa superioridade co primeiro gol da tarde.

Lorenzo sacou en longo, o balón botou en campo rival e Brais Abelenda, máis rápido que o central, gañou a carreira e superou a Cristopher cunha sutil vaselina que se foi ao fondo das mallas, para delirio da afección local.

A pesar de lograr o tanto desexado, o Compos seguiu insistindo e achegouse ao segundo nunha xogada rápida de contrataque. Miki filtrouna para Brais, cuxo disparo coa punteira repeleuno o porteiro, así como o do propio Miki no rexeite.

Eran moi bos minutos locais, pero chegou o tanto visitante na súa primeira acción de ataque. Mon cedeu para Lorenzo, pero o balón quedou curto e Rivera, tras regatear ao gardameta en velocidade, marcou o tanto do empate a portería baleira.

O golpe, con todo, non foi acusado por un Compos que marcou o segundo aos catro minutos. Tras dous disparos rexeitados por Cristopher e un defensa baixo paus, o balón caeu en banda para Santi, quen puxo un centro ao segundo pau para que Marcos Remeseiro, tirándose, empuxase o esférico de zurda á rede.

A vantaxe volvía ser local, pero repetiuse a tónica. Nunha xogada combinada, Cañi controlou na frontal e soltou un potente disparo ao segundo pau ante o que nada puido facer Lorenzo.

Co empate de novo no marcador, os branquiazuis seguiron insistindo e rozaron o tanto, antes de irse a vestiarios, nun novo man a man de Brais Abelenda, que sacou Cristopher coa cabeza, ou nun córner pechado que sacou un defensa na liña.

Á volta dos vestiarios, a tónica continuou, polo que foi o Compos o que levou todo o perigo sobre a área de Cristopher. Álvaro Casas, Santi e Miki viron como o meta sacaba tres grandes opcións, mentres que o dianteiro lucense golpeou ao aire un centro raso de Marcos Remeseiro á área pequena.

Chegaban de todas as cores e a máis clara tívoa, no 75, Álex Ares desde o punto de penalti. O mediapunta eumés, con todo, mandou a pena máxima ao traveseiro e a mala sorte non quedou aí, xa que na seguinte xogada, o Bergantiños anotou o terceiro. Cañi centrou ao segundo pau e Rivera, por encima de todos, rematou de cabeza para pór en vantaxe aos visitantes.

Restaba un cuarto de hora e o Compos seguiuno tentando. Tívoas nun remate de cabeza de Aythami, que se marchou ao lateral da rede, ou nun golpeo de Santi desde a frontal, que saíu rozando o poste, pero o balón non quixo entrar e o partido acabouse co triunfo do Bergantiños e, o que é o mesmo, a primeira derrota branquiazul.

Primeiro fallo da tempada para os branquiazuis, pero nun encontro no que o deu todo. Só a mala fortuna evitou un resultado positivo, polo que cabeza alta e a pensar na semana próxima contra o Arosa SC, nun encontro que se volverá a disputar no fortín branquiazul. Toca recuperar o trono de San Lázaro.

FICHA TÉCNICA:

2- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Mon (Ube, m.84), Marcos Remeseiro (Aythami, m.67); Álex Ares, Santi, Miki (Josiño, m.84); e Brais Abelenda.

3- Bergantiños FC: Cristopher; Borja Facal, Caridade, Baleato (Marcos, m.46), Aarón; Granada, Diego; Cano (Toni, m.67), Jorge Sáez (Ekedi, m.70), Cañi; e Rivera.

Goles: 1-0: Brais Abelenda, min.10; 1-1: Rivera, min.25; 2-1: Marcos Remeseiro, min.29; 2-2: Cañi, min.36; 2-3: Rivera, min.76

Árbitro: EXtremadura Hernández, colexio vigués. Amoestou a David Uña, polos locais; e a Cano, Borja Facal, Granada e Diego, polos visitantes.

Incidencias: Partido da sexta xornada de liga do Grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 1300 espectadores. Antes de iniciarse o choque, o dobre campión de Europa de squash, Borja Golán, realizou o saque de honra.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
Hoxe, dobre cita en Cambados! 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🕢 19:30 horas🆚 Arosa SC🕣 20:30 horas🏟️ Municipal de Burgáns🎟️ 10€🏆 Triangular Vila de Cambados#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.