O Compos quere derrubar o muro ourensanista

19 de Outubro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/1HN7Ikt_5Tw” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os branquiazuis buscarán regresar á senda do triunfo na matinal do domingo

Santiago de Compostela, a 19 de Outubro de 2018.

San Lázaro vivirá este domingo ás 12.00 horas un duelo de moito nivel, no que se enfrontarán o mellor ataque da categoría -os 17 goles dos nosos- contra a mellor defensa -a UD Ourense só encaixou un gol-. Ademais, o derbi da Vía da Prata mediranos a un conxunto imbatido no que militan catro ex compostelanistas.

Separados por un punto na clasificación, o tapete santiagués presenciará, a pesar dos datos, a dous conxuntos cunhas características moi similares. “A pesar de que só lle marcaron un gol, non podemos falar dun equipo ultradefensivo, xa que tenta xogar ao balón, cun medio con xogadores de ter a pelota como Fondevila”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Ademais da súa formulación no medio, o técnico destacou a rapidez e verticalidade dos seus home de ataque, con especial atención a Rubén Arce, pero tamén a carreira dos defensas. “Empezando por Pato na portería e despois con Germán ou Josu teñen moita experiencia en Terceira e máis arriba”, detallou.

Este aspecto permitiulles comezar na liga, tras o seu cuarto ascenso consecutivo, da mellor maneira posible. “Hai que ter un equilibrio e eles tiveron a sorte de que as que xeran, métenas, e as que lle crean, non lles entran. Sacan moito rédito de moi poucos goles”, argumentou.

Ese carácter que achegan os anos permítelles sacar moitos puntos, un aspecto mental no que Yago recalca que seguen traballando. “Desde que chegamos aquí falamos disto. O equipo madurou desde aquela, pero aínda queda moito. Os xogadores que veñan o domingo estarán un paso por diante nisto porque é inherente a cada xogador”, e engadiu: “Traballámolo pero non é fácil de adestralo. Podes expor unha tarefa cun obxectivo, pero o domingo co rival enfronte é diferente. Entre o que expomos e falamos, aos poucos vaise  interiorizando, pero temos que ser conscientes que non podemos compararnos con certos rivais no nivel competitivo mental”.

Para loitar contra esta desvantaxe, Yago non poderá contar con David Uña, pero si con Álex Ares, un dos xogadores con maior experiencia do grupo. Os 17 que están ao 100 % teñen claro que o obxectivo é volver á senda de tres, no primeiro encontro no que se miden a un rival que está por encima na táboa. “Creo que é motivación máis que suficiente xogar en casa, despois de conseguir un empate ante o transatlántico da categoría, e é unha gran oportunidade para volver á senda do triunfo, e se podemos recuperar o bo xogo, mellor que mellor”, detallou.

Se o conseguen, o equipo pechará o Tourmalet con bo pé, deixando atrás un tramo do campionato que o adestrador ribeirense considera que será definitorio na segunda volta. “Aí, de verdade, si que se vai mirar quen vai quedar máis arriba ou máis abaixo”, sentenciou.

Por iso, as motivacións son múltiples para lograr o triunfo na matinal deste domingo, un horario que o curso pasado sentoulle moi ben ao equipo branquiazul. Co apoio dos seus no fortín santiagués, o Compos espera derrubar o muro ourensanista e recuperar a boa senda do inicio ligueiro.

REY_4289

Youtube

Instagram Compos

Facebook

51 minutes ago

SD Compostela
🎗 Hoxe conmemórase o Día Internacional do Cancro Infantil e para dar visibilidade a esta realidade, esta tarde portaremos un brazalete douradoUn xesto, en colaboración con Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia, co que queremos lembrar a importancia do apoio social e do acompañamento durante todo o proceso👉 Porque cada xesto conta e cada mirada axuda a que ningunha familia se sinta soa#composcéltiga𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Con gañas de volver a xogar e a triunfar!🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos na nosa casa na procura da vitoria! #ComposCéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🤝 Jessica Fabeiro 🩵🤍O centro de Medicina Estética & Wellness, que está a celebrar o seu 8⃣ aniversario, segue un ano máis ao noso carón e faino tamén patrocinando o partido desta tarde na súa semana especial🙌 Moitas grazas polo voso apoio! 🫂#ComposCéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Con gañas de volver a xogar e a triunfar!🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos na nosa casa na procura da vitoria! #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.