Dúas invitacións para cada socio contra o CD Barco

23 de Outubro de 2018

Cartel-vs-CD-Barco

  • A oferta só estará dispoñible nas oficinas do club ata o venres 2 de novembro

Santiago de Compostela, a 23 de Outubro de 2018.

Os socios da SD Compostela poderán retirar nas oficinas do club desde mañá, e ata o vindeiro venres 2 de novembro, dúas invitacións para o partido contra o CD Barco, que se disputará o domingo 4 de novembro ás 17.00 horas no Estadio Municipal de San Lázaro.

Esta oferta, por tanto, só estará dispoñible de luns a venres en horario de oficina, excepto o xoves 1 que é festivo. As oficinas, no Estadio de San Lázaro, teñen un horario partido de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

Con esta oportunidade, queremos que os nosos socios, ademais de gozar do partido, poidan convidar ás dúas persoas que lles apeteza a este interesante encontro contra un rival que ocupa as prazas de playoff e que así se enganchen ao sentimento branquiazul.

Ademais, lembramos que nas oficinas tamén temos á venda todo o noso merchandising oficial e que, aqueles que se quedaron atrasados, aínda se poden facer o seu carné de abonado do club, ao mesmo prezo.

Por outra banda, as entradas o domingo 4, día de partido, estarán a 10€ a xeral (maiores de idade) e gratis para os menores de 18 anos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.