Visita a Barraña para tentar prolongar o refacho

9 de Novembro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/XQSDGiNxGNk” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os branquiazuis queren lograr a súa terceira vitoria consecutiva ante o CD Boiro

Santiago de Compostela, a 9 de Novembro de 2018.

A SD Compostela visitará este domingo o Campo de Barraña para medirse, nun partido moi especial, ao CD Boiro. A pesar da dura saída e ás condicións meteorolóxicas adversas, os nosos queren prolongar o refacho de resultados, logrando a terceira vitoria consecutiva, para manter o pulso nos postos de honra da clasificación.

Esta nova cita do campionato, terá un carácter emotivo xa que os branquiazuis atoparanse a vellos coñecidos como Cardeñosa, Paco, Ander, Pablo Vidal ou, o presidente-xogador, Changui. “É un Boiro que cambiou drasticamente, apostando por xente da zona do Barbanza, que non teñen moito percorrido na categoría, pero si moita calidade”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

O técnico ribeirense, moi coñecedor da zona, destaca precisamente as calidades deses futbolistas que saltarán ao Campo de Barraña. “Xuntaron mocidade con calidade. Están ensamblando pezas, pero hai que telos moi en conta porque teñen moita ilusión e gañas de facerse un nome na categoría”, ampliou.

Á calidade do plantel, os branquiazuis terán que sumar o efecto Barraña, un campo no que esta tempada xa caeron equipos como o Laracha. “Este ano, todos os partidos, está cheo de xente que aperta moito. É un campo de estilo inglés, coa xente moi preto do terreo de xogo, e será moi complicado”, sentenciou.

Por iso, a pesar do refacho que acumula o conxunto local nas últimas xornadas, desde o corpo técnico avogan por non confiarse o máis mínimo e saír ao 200%. “Como digo nestes casos, debemos saír coas orellas de punta e igualar a súa intensidade”, advertiu o adestrador.

Para o encontro, no que terá gran importancia a evolución meteorolóxica da fin de semana, Yago seguirá sen Rubén, malia que xa completa adestramentos e só lle falta coller ritmo; Alberto, que sentiu novas molestias esta semana; e, probablemente, David Uña, que xa está recuperado pero que necesita ritmo. Si estará, e quizais no once titular, Anxo Pérez, ao que pretenden darlle unha continuidade. “Do mesmo xeito que con Lorenzo, temos claro que debe ter tres ou catro partidos para analizar a súa dinámica no posto”, comentou.

Doutra banda, na penúltima sesión da semana, corpo técnico e xogadores recibiron a noticia do cambio de denominación do templo santiagués que pasa a chamarse Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, unha iniciativa que gustou moito no seo do grupo. “Vero é a clara representación do compostelanismo polo mundo e, ademais, demostra que o fútbol feminino está a facerse un oco no profesionalismo, polo que é unha noticia moi boa e faime moita ilusión”, remarcou Yago.

Con todo, antes de estrear o novo fortín branquiazul, a SD Compostela viaxará este domingo a Barraña, onde espera contar co apoio da súa xente para ampliar o refacho de resultados. O ánimo desde a bancada será especialmente importante nesta dura saída para contrarrestar ao do público local. O obxectivo, vivir unha festa do fútbol e regresar cos tres puntos para Santiago.

REY_5533

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.