O Compos colabora co III Concurso de Debuxos “Humildade pola Solidariedade”

13 de Novembro de 2018
Ramón Castro (esq.) e David Forján trala renovación do acordo.
Ramón Castro (esq.) e David Forján trala renovación do acordo.
  • A temática debe representar o Nadal e a solidaridade, o fallo do xurado coñecerase o 26 de novembro e os premios entregaranse no acto solidario do 29 de decembro

Santiago de Compostela, a 14 de Novembro de 2018.

Por terceiro ano consecutivo, a Sociedade Deportiva Compostela colabora coa Confraría da Humildade na súa III Edición do Concurso de Debuxos, unha acción na que se pretende que os nenos e nenas representen nun debuxo o Nadal e a solidariedade.

Enmarcado dentro do acto solidario “Humildade pola Solidariedade”, que este curso alcanza a súa oitava edición, no que se coñecerán os gañadores ou gañadoras, os nenos e nenas que así o desexen poderán participar de forma gratuíta ata o próximo 24 de novembro. Do mesmo xeito que a edición pasada, dividiranse en tres categorías: 6, 7 e 8 anos, 9 e 10 anos e pequenos e pequenas de 11 e 12 anos. De todas elas, elixirase un só gañador, que será o que formará parte do cartel anunciante do acto. Con todo, os gañadores de cada categoría recibirán un premio, no que colaborará o Compos.

Para que os debuxos sexan aceptados, como ben se detalla nas bases do concurso, deben ser individuais, realizado nun A3 e entregados nun sobre pechado (Tamaño A3), en cuxo exterior figurará “Concurso de Debuxos – Humildade pola Solidariedade”. Dentro do mesmo, debe ir outro sobre pechado (Tamaño A5), onde se fará constar os datos do concursante: nome e apelidos, data de nacemento, teléfono de contacto, correo electrónico e autorización do pai/nai ou titor/a legal. Tampouco poderán conter relevos nin materiais como purpurina, algodón ou papel maché.

Os participantes poderán depositar os seus debuxos ata o 23 na Igrexa Parroquial de San Juan Apóstolo (Vista Alegre), de luns a sábado de 18.00 a 19.30 horas e domingo de 11.00 a 12.30 horas; ou en Chimpos SL, de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. O fallo do xurado darase a coñecer o luns 26 de novembro, nos medios oficiais da Confraría, e os premios entregaranse no acto solidario que se celebrará o 29 de decembro.

Por último, a Confraría, da man do seu irmán maior David Forján, quixo dar as grazas á Sociedade Deportiva Compostela pola doazón dos premios, así como aos lugares habilitados como punto de entrega dos debuxos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.