Á terceira vai a vencida

5 de Decembro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/-Royhcpd0WI” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos viaxa a Vilalba para romper a dinámica de resultados na Magdalena

Santiago de Compostela, a 5 de Decembro de 2018.

A SD Compostela viaxará mañá a Vilalba para romper unha dinámica que arrastran desde hai dúas tempadas. Nun terreo de xogo de grandes dimensións como A Magdalena, os nosos queren vencer á terceira ocasión, tres puntos necesarios para manterse nos postos privilexiados da táboa.

A pesar do que poida marcar a clasificación, o encontro adiantado ao festivo enfrontará a dous equipos moi parellos, polo que os pequenos detalles marcarán o devir do mesmo. “Desde que estamos aquí non fomos capaces de lograr os tres puntos en Vilalba. Tivemos unha vez en pretempada que si, pero non era oficial. É un equipo tremendamente difícil, combativo e que desde a chegada de Simón Lamas, un home da casa, manteñen a liña continuísta de Óscar Gilsanz”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Nese estilo de xogo, o corpo técnico branquiazul agarda un Racing Vilalbés “moi agresivo defensivamente, moi xuntiño, que se baseará nunha forte defensa que non nos permita facer o noso xogo e logo aproveitar as que teñan”.

A todo isto haberá que sumar a motivación que sempre mostran os rivais dos nosos e, ademais, a dos tres ex-branquiazuis. “Se xa é unha motivación enfrontarse ao Compos, cando hai ex-xogadores aínda máis. Make, Taboada e Diego Rey son xogadores de moitísimo nivel, polo que os teremos moi conta, así como ao resto do equipo”, analizou. Entre eles, o técnico destacou a Buyo, os irmáns Varela e un dianteiro contrastado como Ballesteros.

Entre os aspectos positivos, a pesar do tempo meteorolóxico, estará o terreo de xogo da Magdalena, un estadio que, con todo, resistíuselle aos nosos nos últimos cursos. “A  Magdalena sempre está en moi boas condicións, con todo, no primeiro ano estabamos en formación e o ano pasado, despois de facer unha gran primeira parte, as lesións condicionaron moito o encontro”, asegurou Yago.

Para voltear esta dinámica, os branquiazuis teñen claro cal debe ser a estratexia. “O equipo debe ter a personalidade de San Lázaro porque o campo é propicio e sei que a vai a ter. Todo dependerá de como se entre ao partido, pero espero un Vilalbés que para nada é o que marca a clasificación, polo que haberá que xestionar o tempo e as posesións ante un equipo agresivo a nivel defensivo”, detallou.

A iso, haberá que sumar un Compos que “respira moita confianza e que está a un ritmo moi alto”. Segundo Yago, “estamos moi contentos por como están a saír as cousas, sobre todo polo nivel de xogo, o cal se mostra na nosa posición na táboa. A pesar de que era moi difícil superar o do ano pasado, estamos nos puntos, somos máis equipo e seguimos mellorando no que nos toca”, remarcou na sala de prensa.

Nunha xornada completa, na que todos os equipos se poñerán ao día, os branquiazuis queren manter a dinámica polo que “imos deixarnos a pel para seguir aí arriba”. Os 16 que viaxan fano motivados tras superar ao Laracha, nun duelo no que se gañou moito a nivel anímico.

Aproveitando as circunstancias do festivo, os nosos esperan contar co apoio da afección nun duelo tan complicado como o que lle mide ao Racing Vilalbés. Como di o refrán, se a sorte está do lado branquiazul, á terceira vai a vencida.

Convocatoria vs Racing Vilalbés

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 | Míchel Alonso🙌🏻 ONCE do COMPOS para o partido ante o @realoviedo Vetusta!👨‍🏫 Borja Rey como novidade baixo os paus!💪🏻 IMOS A POLO TRIUNFO!#ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 𝐏𝐀𝐓𝐑𝐎𝐂𝐈𝐍𝐀𝐃𝐎 ✖️ O Pan de Leis 🥖 Un ano máis, a panadaría apoia o proxecto do Compos!!!⚽️ Patrocina a David Soto e tamén o encontro desta matinal, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🙌 GRAZAS!!!#composvetusta #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍💪 TODOS XUNTOS, A POR UN GRAN TRIUNFO!!!🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 12.00🏟️ Vero Boquete🎟️ app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285📺 En Xogo 🙌 APOIA AOS NOSOS NESTE PARTIDAZO MATINAL NA NOSA CASA!!! #composvetusta #unnovocamiño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 | Míchel 🩵🤍🙌 OS NOSOS para o encontro de mañá no Estadio Vero Boquete, ás 12.00 horas, contra o @realoviedo Vetusta!💪 Míchel chama a varios reforzos da @canteirapicheleira #ComposVetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario, Samu Araujo!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Samu!!! 💪 Oxalá poder celebralo mañá cunha nova vitoria na nosa casa!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.