Xuvenil A e Cadete A, líderes nas súas ligas

10 de Decembro de 2018

Resultados-9-Decembro

  • O maior igualou co EF Lalín e o pequeno aumentou a diferenza co segundo

Santiago de Compostela, a 10 de Decembro de 2018.

O Xuvenil A, despois de sumar un seis de seis nesta semana con dobre compromiso, conseguiu igualar a fazaña do Cadete A e subiu ao primeiro posto da clasificación, cos mesmos puntos que o EF Lalín. Pola súa banda, os segundos, tras un novo triunfo, aumentan a tres unidades a súa vantaxe co segundo clasificado. A fin de semana tamén nos deixou os empates do Zona Vella e do Xuvenil B, así como o dobrete dos cadetes coa vitoria do B ante o Cruces.

En primeiro lugar, o filial branquiazul logrou un empate sen goles no seu partido como local contra o Cruces. O Zona Vella gozou de pouca fortuna no ataque e non puido superar a un rival ben perpetrado na liña defensiva. Co punto, o equipo santiagués mantense no sétimo lugar da táboa.

A mellor noticia para a base do Compos esta semana, sen dúbida, foi a actuación do Xuvenil A, conxunto que xa marcha líder, empatado co EF Lalín, tras lograr dous triunfos esta semana. Primeiro, o xoves, superou ao As Pontes, como visitante, por 0-2, con goles de Noya e Yosi, mentres que este sábado, en Santa Isabel, conseguiu idéntico resultado para superar ao Galicia Caranza. Esta vez foron Macías e Yosi, ambos na segunda metade, os que conseguiron os tantos branquiazuis, rendibilizando deste xeito o tropezo do líder contra o Arteixo.

Tamén en categoría xuvenil, o B igualou 2-2 na súa visita ao Bastavales. Raúl García e Juan Amigo marcaron para contrarrestar, por dúas veces, a vantaxe local. Mentres tanto, o Xuvenil C perdeu 4-2 contra o Cruces, a pesar de comezar gañando con dous tantos de diferenza, anotados por Jorge Millán e Robert Armando.

Mantendo a súa imbatibilidade, o Cadete A aumentou a súa vantaxe no liderado a tres unidades. Os branquiazuis aproveitaron o tropezo do Conxo, gañando ao Milladoiro por 3-1. Hugo Pérez, Manuel Crespo e Iker Carril sentenciaron o duelo en apenas dez minutos do segundo tempo, malia que os visitantes recortarían distancias máis tarde.

Así mesmo, o Cadete B logrou igual resultado contra o Cruces, unha vitoria que lles permite manter o sexto posto. Alejandro Parga, Zubo Yang e Carlos Rodríguez, para os nosos, pecharon o marcador final no primeiro acto.

Por último, en categoría infantil, ambos conxuntos tiveron o mesmo resultado negativo. Os primeiros perderon o sábado ante o Xuventude Oroso, terceiro clasificado, por 4-1, mentres que os segundos fixeron o mesmo, o domingo, contra o La Salle. En ambos encontros, o goleador branquiazul foi Tomás Munge.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 UD Llanera 👉 Os nosos para mañá, coa primeira convocatoria para Vilela, tras recuperarse da súa lesión#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.