Os líderes branquiazuis seguen con paso firme

18 de Decembro de 2018

Resultados-16-Decembro

  • Cadete B, Infantil A, Alevín B e Benxamín A tamén superaron os seus encontros

Santiago de Compostela, a 17 de Decembro de 2018

A falta dunha xornada para acabar a primeira volta, o Xuvenil A e o Cadete A seguen con paso firme para manter os seus liderados. Ambos gañaron por 0-4, uníndose aos triunfos do Cadete B, Infantil A, Alevín B e Benxamín A, conxunto este último que terminou esta fin de semana a primeira parte do campionato.

En primeiro lugar, o Zona Vella segue coa súa mala dinámica e perdeu por segunda semana consecutiva. O filial acusou o golpe da primeira metade, na que encaixou dous goles, e só puido recortar diferenzas nos últimos minutos co gol de Gutier Novas. Con todo, o marcador non se moveu máis e o Berres levou o triunfo por 2-1.

Un golpe de autoridade. Esa foi a definición perfecta para analizar a visita do Xuvenil A ao Atlético Montañeros, terceiro clasificado ata esta xornada. Os branquiazuis manteñen o coliderado tras vencer na Coruña por 0-4, logrando os catro goles nunha primeira parte perfecta. Yago Torrente, no 2, Adrián Loureiro, no 16, Sergio González, no 37, e de novo Torrente, no 39, deixaron o partido visto para sentenza antes de chegar aos vestiarios. Con 39 puntos, o Compos encara da mellor forma o duelo da última xornada da primeira volta contra o seu rival no liderado, o EF Lalín.

Pola súa banda, o Xuvenil B non puido manter a súa serie de imbatibilidade, xa que caeu pola mínima (0-1) contra o SR Calo, equipo que gaña distancia cos nosos na metade da táboa.

En cadetes, os equipos da base lograron un gran dobrete como visitantes. O A, que mantén os tres puntos de vantaxe co segundo, superou por 0-4 ao Villestro. Hugo Martínez adiantou aos nosos no primeiro acto e Iker Carril, Jaime Álvarez e Cristian Fernández sentenciaron na segunda. A falta dunha cita para terminar a primeira parte da liga, aumentan a cifra de puntos ata as 46 unidades. Mentres, o B logrou outra vitoria contra o Touro, ao que superou por 1-5. Alejandro Parga, Iago Fernández, Antón López e o dobrete final de Gorka Madariaga permitíronlle ao equipo branquiazul subir ao quinto posto na táboa.

En categoría infantil, o A logrou un traballado, pero moi importante, triunfo contra o Milladoiro. Os pequenos conseguiron remontar o partido e sepáranse así dos postos de queima. Tomás Munge e Roi Lortes igualaron por dúas veces a vantaxe local na primeira metade, mentres que o tanto da vitoria chegou no 74, por mediación de Rubén Sande. Á súa vez, o Infantil B perdeu na casa contra o EF Silleda.

En fútbol 8, os alevíns tiveron diferente sorte nos seus partidos. O A perdeu contra o Lalín, un dos líderes, e o B venceu ao Atlético Fátima para subir ao segundo posto. Despois, o Benxamín A rematou a primeira parte do campionato cunha vitoria contra as Escolas Deportivas de Vedra, para acabar a liga en oitava posición, contrastando coa derrota do B contra o Oroso. Por último, o Prebenxamín A caeu pola mínima ante o Tordoia e o B empatou contra un dos equipos do Bertamiráns da súa liga.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.