Goleada para reforzar a confianza

3 de Febreiro de 2019
Santi celebra o primeiro tanto dos que marcou nun partido patrocinado por Ulla Oil. Foto: Amadeo Rey.
Santi celebra o primeiro tanto dos que marcou nun partido patrocinado por Ulla Oil. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos superou ao Alondras por 4-1 e amplía a súa vantaxe cos perseguidores

Santiago de Compostela, a 3 de Febreiro de 2019.

A estrea da segunda volta no Vero Boquete para a SD Compostela foi idílica. Os nosos foron moi superiores ao Alondras, ao que acabaron superando por 4-1, e conseguiron tres puntos que lles permiten ampliar as distancias cos perseguidores. Foi unha gran tarde de fútbol na que o equipo volveu mostrar a súa mellor cara.

Aythami e Santi marcaron na primeira metade para chegar ao descanso cunha cómoda vantaxe, que aínda sería máis ampla tras os tantos de novo de Santi e de Josiño, no segundo acto. Álex Rey, nos últimos compases, anotaría o tanto da honra para os visitantes.

Cumprindo os desexos do seu técnico, a SD Compostela estreou a segunda volta no Vero Boquete coa mesma imaxe que hai sete días. Repetindo o esquema de tres centrais, mesmo que o seu rival esta tarde, o Compos volveu mostrar o seu mellor fútbol, co control total do centro do campo e unha presión intensa que lle permitiu plantarse diante do porteiro visitante en múltiples ocasións.

A primeira oportunidade, aos dez minutos, foi un fiel reflexo do que se vería durante os 90 minutos do encontro. Un balón ás costas da defensa, tras roubo no centro do campo, permitiulle a Brais Abelenda plantarse no man a man con Nucho, malia que o extremo, trala tarascada de Ronald, non foi capaz de superar ao porteiro.

Este primeiro aviso serviu para animar ao equipo e para certificar que hoxe sería unha gran tarde. Así, aos vinte minutos, un centro chovido foi rematado á rede por Aythami, despois de que o dianteiro canario se aproveitase do fallo na saída do porteiro.

Sen tempo case para saborealo, doce máis tarde, o enésimo roubo na presión adiantada do Compos serviu para que os nosos ampliasen as diferenzas. Aythami e Santi gañáronlle a partida aos defensas e o lucense, tras superar a Jesús Varela, definiu na man cunha sutil vaselina que se coou lentamente na rede.

Antes do descanso, a renda aínda puido ser máis ampla, pero de novo Nucho tirou de reflexos para sacar coa perna o man a man con Aythami. Precisamente, o punta canario si anotou na última acción da primeira parte, pero o colexiado anulouno por un lixeiro fóra de xogo.

Ese terceiro tanto resistiuse nos últimos compases do primeiro acto, pero chegou nada máis reanudarse o segundo. Marcos Remeseiro sacou o córner moi pechado, Nucho non conseguiu atrapalo e o balón quedou morto na área pequena para que Santi, coa dereita, asinase o seu dobrete e a sentenza.

Este terceiro gol fíxolle moito dano a un Alondras que sufría para manter as acometidas locais. Aythami ou Santi, en senllos pases da morte que non conseguiron conectar, e Miki, nun claro man a man, non foron capaces de subir o cuarto ao luminoso, tarefa que si cumpriría Josiño no 77. O mediapunta, que entrou na segunda metade, plantouse diante de Nucho, fallou no seu disparo, pero o rebote do porteiro deulle no corpo e foise ao fondo das mallas.

Aínda tiveron outro man a man os locais, nos pés de Rubén, pero quen marcou o último tanto do encontro foi o Alondras. O cadro visitante sacou moi rápido unha falta na frontal, pillando desprevida a toda a zaga branquiazul, e Álex Rey anotou o gol da honra cun disparo entre as pernas de Lorenzo.

Con todo, o partido xa estaba ditado para sentenza e só facía falta que corresen os minutos para que chegase o asubío final do árbitro. Con el, a SD Compostela sumou o seu segundo triunfo consecutivo, reencontrándose coa súa mellor imaxe no Vero Boquete e goleando a un rival directo. Os nosos seguen coa cabeza metida na pelexa polo playoff e a vez aumentan a súa vantaxe cos seus inmediatos perseguidores antes de viaxar a Coruña para medirse ao Silva.

FICHA TÉCNICA:

4- SD Compostela: Lorenzo; Álvaro Casas (David Uña, m.72), Piscu, Chechu; Miki, Álex Ares (Josiño, m.49), Mon, Marcos Remeseiro, Brais Abelenda (Rubén, m.66); Santi e Aythami.

1- Alondras CF: Nucho; Ronald, Varela, Abel, Agujetas, Pardavila (Mauro, m.60); Yavhé, Álex Rei; Iván Pérez; André (Champi, m.51) e Jonás (Yelco, m.58).

Goles: 1-0: Aythami, min.50; 2-0: Santi, min.32; 3-0: Santi, min.47; 4-0: Josiño, min.77; 4-1: Álex Rey, min.85.

Árbitro: González Franco, colexio ferrolán. Amoestou a Mon, Piscu, Josiño, David Uña e Marcos Remeseiro, polos locais; e a Agujetas e Ronald, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo segunda xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ante 800 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.