A SD Compostela colabora con Aarón Mayo, da Casa Colibrí de México

13 de Marzo de 2019
De esquerda a dereiya.: Luis Pías, Santiago Albarrán, Antonio Quinteiro e Artemi Mini.
De esquerda a dereiya.: Luis Pías, Santiago Albarrán, Antonio Quinteiro e Artemi Mini.
  • Beal 2008 S.L. e Pías Clínica Dental tamén están presentes nesta axuda ao santiagués, ex-xogador da base do Compos

Santiago de Compostela, a 13 de Marzo de 2019.

A SD Compostela, coa colaboración das empresas Beal 2008 S.L. e Pías Clínica Dental, quixo achegar o seu gran de area ao labor humanitario que está a realizar o santiagués Aarón Mayo Araujo na Casa Colibrí de México.

Aarón, graduado en Traballo Social, emprendeu esta aventura o pasado mes de xaneiro xunto á súa noiva para axudar aos nenos e nenas de Hostotipaquillo, un pobo da serra que pertence ao municipio da Rexión Valles, do estado de Jalisco.

Alí, o ex-xogador das categorías inferiores do club, entre outras actividades, trasladounos a súa intención de crear equipos de fútbol cos pequenos que forman parte da Casa Colibrí, polo que non dubidamos en axudar nesta bonita iniciativa que quere levar a cabo.

Coa axuda de Beal 2008, entidade de distribución por xunto de enxoval de plástico e xoguetería, e Pías Clínica Dental, puidemos pechar o envío de 22 equipamentos completos, compostos por camisetas, pantalóns e medias, un lote de petos de varias cores e unha vintena de balóns de fútbol. Os dous últimos foron achegados pola primeira empresa, mentres que o centro dental asume os custos de distribución ata o país centroamericano.

O transvasamento pechouse onte na Sala de Trofeos do club, no Estadio Vero Boquete de San Lázaro, nunha reunión na que estiveron presentes o presidente Antonio Quinteiro e o secretario xeral Juan Carlos Gesto, por parte da SD Compostela; Artemi Andrea Mini, irmán de Aarón; Santiago Albarrán, xerente de Beal 2008; e Luis Pías Villamor, fundador e director da clínica dental.

Doutra banda, convidamos a todos aqueles e aquelas que así o desexen a doar fondos para esta comunidade que promove o desenvolvemento de habilidades nas familias en situación vulnerable desta zona, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida. Toda axuda que reciban, por pequena que sexa, serviralles para prestar un mellor servizo humanitario.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

27 minutes ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso dianteiro Charly 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐂𝐡𝐚𝐫𝐥𝐲!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Dende o club queremos agradecer o apoio que tiñamos hoxe en Cambados, cun gran número de afeccionados presentes no campo, e lamentamos profundamentamente que non se puidese xogar o encontro Grazas por estar sempre aí! 🩵🤍 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
❌️ Adiado o partido en Burgáns polo estado do terreo de xogo debido ás inclemencias meteorolóxicas📸 Nacho Castaño #cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️📋 ONCE 🆚 Club Juventud Cambados 🩵🤍 Os nosos para o partido desta tarde#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 A recuperar a boa senda na Liga!🆚 Club Juventud Cambados 🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns🎫 12€#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.