Elección decisiva na Laracha

26 de Abril de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/wqRGNt05uDo” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos quere recuperar as sensacións como visitante para pelexar por todo

Santiago de Compostela, a 26 de Abril de 2019.

A SD Compostela viaxará este domingo á tarde ao Municipal da Laracha para votar nunha elección decisiva pola liga. Os branquiazuis queren recuperar as mellores sensacións como visitantes, volvendo sumar de tres, co obxectivo de seguir enganchado ao dúo de cabeza. Para iso, e buscando tamén achegarse máis ao playoff, terán que superar a un Laracha cargado de novos talentos que buscan unha oportunidade no Deportivo.

“Evidentemente, están descendidos federativamente, pero non na táboa. Por iso, seguro que pelexarán ata o final, importándolle pouco o descenso, pensando no seu futuro individual”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa.

Precisamente, o seu presente e posible futuro ligado á entidade coruñesa anticipa o nivel dos seus xogadores. “É un conxunto con xente moi nova, con moito futuro no fútbol e con moita calidade, o que demostra que veñen dun equipo profesional”, adiantou o técnico.

De todos, Naveira é quizais o futbolista do Compos que mellor os coñece. “Teño moitos amigos alí, porque coincidín coa maioría no Deportivo, e teñen moita proxección e moita fame, a pesar da clasificación”, explicou o lateral.

A eles, esta tempada sumaron ao barco a Óscar Gilsanz, “un adestrador máis que contrastado na categoría e que lle deu un rigor táctico a nivel defensivo”, analizou Yago. Este nivel failles moi fortes no seu campo, o Municipal da Laracha. “É un dos máis difíciles polas condicións, xa que ten moito caucho, está moi desgastado e o bote é totalmente distinto”, engadiu.

Por estas circunstancias, o corpo técnico fala de “poñerse o mono de traballo”, porque o obxectivo é dar un paso adiante lonxe do Vero Boquete. “Coñecemos ben ao rival, pero chegados a este punto e coa dinámica que temos, só pensamos en nós, en recuperar a mellor versión, a do día do Paiosaco, Céltiga, Silva ou Ourense, na que se compite ata o final e se trae o máis tres”, sinalou o adestrador.

Nesta viaxe, que ao cadrar en domingo provoca unha semana Champions máis que nunca, non estarán nin Samu, nin Miki, nin Piscu, que leva con molestias desde o Xoves Santo e que descansará. Con estas baixas e o calendario, “temos máis que claro que seguiremos coa nosa idea de rotar para chegar con ritmo ao final de competición”, finalizou Yago.

Queda un mes de liga, con cinco xornadas, e o Compos só pensa no partido a partido para poder pelexar por todo. Este domingo, na Laracha, os nosos teñen unha elección decisiva para poder alcanzar o seu obxectivo. Do que saia da urna, dependerá o futuro a curto prazo do equipo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐀𝐁𝐎𝐍𝐎𝐒 𝟐𝟒/𝟐𝟓 🩵🤍🎫🙌 ALCANZAMOS OS 2.000 abonados9️⃣7️⃣0⃣ renovacións 🤝1⃣0⃣3⃣0⃣ altas 👆💪 Grazas polo voso apoio! ✍️ A campaña segue aberta en ➡️ sdcompostela.compralaentrada.com #quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
ℹ️ ASENTOS 🆚 UM Escobedo 🏟️ Os asentos non estarán numerados para este encontro👉 Cada persoa poderá sentarse onde prefira, dentro da súa bancadaℹ️ O Concello informounos que procederá á numeración dos asentos a semana próxima 📸 Nacho Castaño #composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 🆚 UM Escobedo📋 Antón Permuy🩵🤍 Lista dos nosos para o partido de mañá no Vero Boquete 👉 Entran todos os dispoñibles! Mañá haberá un descarte #composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️ Hoxe tocou traballo por separado para os nosos en función das cargas💪 Un dos grupos realizou un adestramento de recuperación en 𝐁𝐉 𝐓𝐫𝐚𝐢𝐧𝐞𝐫𝐬Grazas pola boa atención e por acollernos nas vosas instalacións 🩵🤍#composescobedo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.