Rubén non seguirá na SD Compostela

24 de Xuño de 2019

Marcha-Rubén-Twitter

  • A entidade agradécelle a súa constancia e traballo nestas tres tempadas en Santiago

Santiago de Compostela, a 24 de Xuño 2019.

Rubén Martínez Castro non seguirá a próxima tempada na SD Compostela ao non ofrecerlle o club a renovación. A entidade branquiazul agradécelle enormemente toda a súa constancia e traballo duro nestas tres campañas connosco, nas que foi unha peza importante tanto dentro do grupo como no terreo de xogo.

Rubén foi un dos últimos en chegar ao Compos no verán do 2016, pero aínda así puido demostrar rapidamente as súas calidades, ofrecendo unha progresión continua no seu rendemento durante a súa etapa en Santiago. En total, a pesar dalgunha lesión, disputou 73 encontros coa elástica branquiazul, marcando 12 goles neste tempo.

Por todo iso, agradecémoslle moito todo o achegado, tanto futbolística como persoalmente. Rubén demostrou un gran corazón, moito traballo e unha tremenda implicación polo club, polo que lle desexamos a maior das sortes para o seu futuro. Moitísimas grazas, Rubén.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a por unha nova final!!⚽️ 𝐗𝟑𝟐🆚 UD Somozas 🕔 17:00 horas🏟️ Manuel Candocia🎟️ 10€ Entrada Xeral | Gratis Menores de 14 anos🙌 Todos xuntos, a conseguir tres puntos vitais!!#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ A polas tres finais que restan!👉 Os nosos regresan esta tarde ao traballo para preparar o duelo vital deste domingo nas Somozas#somozascompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos empatou na casa tras ir por detrás no marcador dúas veces🫂 Todos xuntos, a polas tres finais que restan para poder acadar o obxectivo!!👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/19/empate-vero-boquete-compos-2-2/📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso técnico tralo empate no Vero Boquete#composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 2️⃣-2️⃣ Atl. Coruña Montañeros 📸 Nacho Castaño #composatléticocoruña ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.