Santi Gegunde causará baixa a próxima tempada

27 de Xuño de 2019

Marcha-Santi-Twitter

  • O club agradécelle ao lucense o seu compromiso e rendemento nestes tres anos

Santiago de Compostela, a 26 de Xuño de 2019.

Santi Fernández Gegunde causará baixa a próxima tempada na SD Compostela ao non ofrecerlle o club a renovación. A directiva agradécelle enormemente o seu compromiso e rendemento futbolístico nestas tres campañas connosco, nas que se destacou como unha das pezas máis utilizadas polo técnico Yago Iglesias.

Santi chegou ao Compos no verán do 2016 para asentarse como unha referencia no ataque do novo proxecto compostelanista. O lucense mostrou rapidamente as súas capacidades goleadoras, pero tamén unha enorme visión e control do xogo, o que o levou a alternar o posto de dianteiro centro con outros na segunda liña.

Neste tempo, o punta disputou 115 encontros coa elástica branquiazul, celebrando 30 goles neles, a maiores de sumar algunhas asistencias. O seu último tanto foi no encontro contra o Alavés B, no que mesmo lesionado xerou a xogada do terceiro, un claro exemplo do seu compromiso por esta entidade.

Ademais, neste último curso tamén adestrou aos prebenxamíns, traballo como técnico no que transmitiu os bos valores que tentamos inculcar nos pequenos e pequenas.

Por todo iso, o club agradécelle todo o seu labor, tanto no persoal como no futbolístico, á vez que lle desexa a maior das sortes para o seu futuro. Moitas grazas, Santi.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.