Fiz Rodríguez Carballo, novo adestrador do Zona Vella

2 de Xullo de 2019

Fiz Rodríguez Twitter

  • O filial contará cun técnico con experiencia en Terceira e Preferente para buscar o ascenso

Santiago de Compostela, a 2 de Xullo de 2019.

Fiz Rodríguez Carballo será o novo adestrador do Zona Vella a próxima tempada. O técnico da Pastoriza, coa licenza UEFA Pro e experiencia na Terceira División e Preferente, dirixirá ao conxunto santiagués, filial da SD Compostela, coa intención de lograr o ascenso á Primeira Rexional.

Na última campaña, o técnico xa estivo enrolado no proxecto de base branquiazul, adestrando ao equipo Xuvenil B. Anteriormente, no seu labor nos bancos, estivo ligado ás categorías inferiores do CD Lugo e dirixiu á SD Sarria, UD Pastoricense e Ribadeo FC, conxunto co que debutou en Terceira e co que logrou uns meritorios sétimo e cuarto lugar nos seus dous cursos na Preferente Norte.

Con Fiz, a directiva da SD Compostela confía no seu labor para desenvolver a tarefa no filial, un equipo no que se primará a continuidade dos xogadores da canteira, servindo como ponte entre a categoría xuvenil e o primeiro equipo. Así, Pedro Leis, un dos integrantes do plantel, adestrou durante o curso pasado ás ordes de Yago Iglesias e chegou a debutar na penúltima xornada de liga, no encontro ante a UD Somozas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.