Baleato: “Agardo cumprir os obxectivos do club e aportar a miña experiencia”

3 de Xullo de 2019
Presentación Baleato Twitter
Javier Puñal, Baleato e Segundo Rey.
  • O novo xogador branquiazul analizou a súa fichaxe nas instalacións de Segundo Rey

Santiago de Compostela, a 3 de xullo de 2019.

Logo de ser anunciado como novo xogador da SD Compostela a semana pasada, Roberto Baleato foi presentado esta tarde ante os medios de comunicación na sede de Segundo Rey, empresa que renova tamén a súa vinculación co club. Acompañado por Javier Puñal, director de marketing, e Segundo Rey, xerente da empresa, o futbolista de Bembibre valorou a súa fichaxe, no que será o seu regreso á disciplina branquiazul, xa que de pequeno xogou no Compos en categoría alevín e infantil.

“Teño moita ilusión por empezar esta nova etapa e unha motivación enorme, razóns que me levaron a decidirme por Santiago”, asegurou o futbolista.

Baleato tiña gañas de afrontar unha nova etapa na súa carreira e iso levouno a aceptar a proposta compostelanista. “En Carballo tratáronme súper ben e estou moi agradecido, xa que todo o mundo me fixo sentir desde o primeiro día que estaba como na casa. Con todo, notaba que non me quería acomodar, que teño unha idade para aprender moitas cousas e por iso me facía ilusión afrontar un novo reto”, sinalou.

Desde o principio, o seu soño pasa por devolver ao Compos á Segunda B. “Agardo cumprir, en primeiro lugar, co obxectivo do club, que segundo o que me transmiten pasa por gañar a liga e ascender e para iso estarei á disposición de todo o que me pida o adestrador”, afirmou.

Precisamente, no que respecta a Yago Iglesias, xogador e técnico xa tiveron unha conversa na que sentaron as bases do que agardan da tempada. “Contoume o que tiña en mente, escoiteino e encaixamos bastante ben, tanto a nivel persoal como da maneira de entender o xogo, polo que intentarei cumprir as expectativas que ten sobre min”, comentou.

Neste sentido, Baleato agarda aportar a súa experiencia e os seus puntos fortes que pasan, segundo destacou, polo xogo aéreo, a fortaleza e a capacidade táctica. “Tentarei axudar a nivel físico e de colocación e a partir de aí mellorar noutras facetas, adaptándome a maneira de xogar do equipo”, explicou.

Por outra banda, en base as vivencias do seu pasado, agardar aportarlle esa tranquilidade en momentos ou partidos puntuais. “Hai moitos campos complicados, pequenos, no que o rival se pecha e aí espero darlle a máxima calma que poida aos compañeiros, porque polo resto o equipo está máis que capacitado para ascender”, remarcou.

Nese paso que lle faltou dar aos nosos nas fases de ascenso, Baleato considera que, se ben ter xogado moitas axuda a aprender dos erros, tamén marcan moitos outros factores. “Os playoffs son moi complicados e pese a experiencia, inflúen moito os cruces e chegar ben a ese momento. Os rapaces levan varios anos loitando e estarán mellor preparados có anterior e có anterior”, apuntou.

A maiores, outro dos puntos que destaca Baleato da SD Compostela son as súas instalacións, factor que tamén pesou á hora de decidirse. “En xeral, hai moita diferencia entre adestrar e xogar en artificial ou natural. Todos queremos xogar en herba porque facilita moito o xogo e castiga moito menos”, concluíu.

Por último, sinalou que pode adaptarse tanto ao posto de medio centro como de central, posicións que alternou durante a súa carreira, e asegurou que conta de ter unha rápida adaptación xa que coñece a moitos xogadores, algúns, como no caso de Samu ou Brais Abelenda, desde moi pequenos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composourenseO técnico do Compos analizou a derrota no derbi, nun encontro no que os nosos, como valorou o adestrador, non estiveron finos no último terzo do campo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Ourense CFHoxe non foi o día! Ráchase a xeira de encontros sen perderGRAZAS AFECCIÓN por apoiarnos ata o final, pese ao resultado 👥🩵🤍📸 Nacho Castaño#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Ourense CF Tempo de lecer tras unha primeira parte de moito control, pero sen grandes oportunidades📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🥇🚴‍♀️ Esta tarde homenaxeamos a Alejandra NeiraA campioa do Mundo 🌈 en Ruta e de Europa 🇪🇺 en CRI fixo o saque de honra no derbiMoitos parabéns, Alejandra! 👏📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Ourense CF 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.