Álex Ares e Remeseiro non seguirán na SD Compostela

4 de Xullo de 2019

Marcha-Marcos-Remeseiro

  • O club agradécelles o seu rendemento e compromiso na súa etapa no club

Santiago de Compostela, a 3 de Xullo de 2019.

Álex Ares Piñeiro e Marcos Remeseiro Conde non seguirán a próxima campaña na SD Compostela ao non ofrecerlles o club a renovación. A entidade agradécelles enormemente o seu rendemento, traballo e compromiso na súa etapa como branquiazuis, na que se asentaron como puntais tanto dentro do campo como na dinámica do grupo.

Álex Ares, desde a súa chegada fai dous veráns procedente do Cerceda, foi un fixo nas aliñacións de Yago Iglesias. Alternando a mediapunta coa banda, o futbolista de Pontedeume disputou 81 encontros nestes dous cursos como branquiazul, superando os 3.000 minutos na súa primeira campaña e rozándoos na segunda. Ademais, neste tempo, consagrouse como un dos goleadores da entidade ao asinar 12 e 14 goles respectivamente.

Pola súa banda, Remeseiro chegou ao Compos hai doce meses desde o CD Boiro e na súa estrea como compostelanista superou os 2.500 minutos de xogo. En total, ás ordes do corpo técnico dirixido por Yago, participou en corenta partidos, trinta e catro deles como titular, entre a Liga, a Copa Deputación e a Copa do Rei, pechando o ano con tres tantos anotados.

Por todo iso, a entidade trasládalles o seu máis sincero agradecemento por todo o achegado, tanto no que respecta a a súa faceta sobre o verde como no trato persoal. Os seus labores e esforzos por esta camiseta foron innegables, polo que lles desexamos a maior das sortes para o seu futuro. Moitísimas grazas, Álex e Marcos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.