Pablo Antas, o guía para o camiño á Segunda B

8 de Xullo de 2019

Pablo-Antas-Twitter

  • O mediocentro lucense procede do Rápido de Bouzas e firma por unha tempada

Santiago de Compostela, a 8 de Xullo de 2019.

A SD Compostela 2019/20 xa ten ao mediocentro que anhelaba. Pablo Antas Pereiro (15/10/1990) será o guía do equipo para o camiño á Segunda División B, despois de asinar por unha tempada procedente do Rápido de Bouzas. O lucense cumprirá así o seu quinto curso na categoría, aos que engade outros seis na división de bronce.

Coa súa incorporación, o Compos adquire a un xogador de calidade, cunha gran visión de xogo e con capacidade para manexar e/ou marcar o ritmo dos partidos; polivalente, xa que pode actuar tanto de medio organizador como de mediapunta; e cunha dilatada experiencia no fútbol galego, tanto en Terceira, na que acumula 132 encontros, como en Segunda B, con 129 partidos.

A carreira futbolística de Antas iniciouse, precisamente, no grupo 1 da división de bronce nacional, enrolado nas filas do CD Lugo. Tras acabar a súa etapa como xuvenil, chamou a atención do técnico Quique Setién, quen o fixo debutar co primeiro equipo na campaña 2009/10. Alí estaría dous anos, participando en doce e vinte encontros respectivamente, nos que foi partícipe do título ligueiro.

Con todo, ao curso seguinte, ficha polo Ordes de Terceira, disputando 34 duelos e anotando catro goles. Dos verdes pasou ao Cerceda, conxunto no que xoga 28 partidos e marca un gol, e de aí ao Somozas, no que gaña a liga e volve vivir un novo salto de categoría, esta vez a Segunda B. No cadro de ferrolterra convértese no temón do equipo despois de intervir en 36 encontros, nos que ademais celebra seis goles, catro deles na fase de ascenso, cun dobrete na eliminatoria decisiva ante o Tenerife B.

Tras lograr este fito, Antas quedou cos franxiverdes durante as tres campañas que disputou na nova categoría. Acompañado na medular por Roberto Baleato, co que volverá coincidir, foi peza chave dos logros do equipo, con dúas permanencias moi meritorias, nas que terminaron en décima posición, na primeira tempada, e en oitava, na segunda. En total, xogou 73 partidos, 55 como titular, nos que asinou oito tantos.

Despois do descenso, fichou, acompañado tamén por Baleato, no Bergantiños, cos que logrou o subcampionato de Terceira, tras disputar 38 encontros, playoff incluído, e marcar sete goles. A pesar de caer na primeira eliminatoria, Antas si volveu á división superior, xunto ao seu compañeiro Rodri Alonso, ao asinar co Rápido de Bouzas, co que participou en 24 duelos, 19 saíndo de inicio, e materializou unha diana.

Consolidado por esta enorme traxectoria, o Compos faise co guía desexado para o camiño de retorno á Segunda B, asinando ao décimo sétimo xogador para a tempada que se inicia en sete días. Forman parte dela, ademais de Pablo Antas, Álvaro Casas, Álvaro Naveira, Alberto Freire, Anxo Pérez, Brais Abelenda, Gabri Palmás, Hugo Sanmartín, Jorge Queiruga, Josiño, Miki, Mon, Roberto Baleato, Rodri Alonso, Samu, Saro e Sergio Pereira.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ E o domingo, segunda xornada de liga e primeira viaxe da tempada🆚 Club Portugalete Fundado 1909 🗓️ Domingo, 13/09🕦 11:30 horas🏟️ La Florida📺 Football Club #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🔜🏆 Este mércores temos cita na nosa casa cos 1/16 da #CopaFederación🆚 CD DERIO 🗓️ Mércores, 09/09🕖 19:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Abonados - Gratis | Xeral - 10€ | Menores de Idade - 2€👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composderio ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 PARTIDO PATROCINADO🚗 🎟️ Mobify foi o patrocinador do #composmarino🙌 RECORDA! A compañía que lidera a mobilidade sostible en Galicia agasalla con 10€ de saldo aos abonados do Compos!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Volta ao traballo no San Lázaro IIToca repoñerse da derrota de onte, cunha semana na que teremos dobre cita: o mércores, na casa, coa #CopaFederación e o domingo, no País Vasco, coa Liga#composderio #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.