SD Compostela e Zona Vella camiñarán xuntos

22 de Xullo de 2019

Compos y Zona Vella Twitter

  • Froito da unión o filial pasa a ser equipo dependente e seguirá patrocinado polo Gato Negro

  • O “SD Compostela-Zona Vella” competirá na Segunda Autonómica

Santiago de Compostela, a 22 de Xullo de 2019.

A Sociedade Deportiva Compostela e o Zona Vella formalizaron nestes días a súa unión, tras dous anos de filialidade. Despois de acabar a tempada coa consecución da Copa do Sar, o filial compostelanista pasará a formar parte da estrutura deportiva do seu fútbol base, comandada por Víctor Pazos, e competirá no grupo V da Segunda Autonómica.

Logo de 15 anos de vida, o Zona vella entendeu que era o momento de unirse ao Compos. Todo este tempo estivo marcado polo seu traballo duro, e sen facer ruído, o cal se culminou coa vitoria na Copa do Sar o pasado mes de xuño. Toda esa filosofía quérese seguir mantendo, tratando de protexer o casco histórico compostelán no mundo do fútbol, a través do novo SD Compostela Zona Vella.

Os actuais dirixentes do Zona Vella, capitaneados por Lois Rosende, continuarán a colaborar neste novo proxecto, e será o propio Lois quen seguirá a presidir a entidade. Asemade, o Gato Negro continuará a ser o patrocinador principal do equipo, que tamén contará con moitos dos apoios dos que xa desfrutaba. Por iso, desde a Sociedade Deportiva Compostela queren agradecer a Xoán Costoya o seu apoio desinteresado, que permite manter ao Gato Negro nas camisetas do noso segundo equipo.

A maiores, o SD Compostela Zona Vella pasará a formar parte da estrutura deportiva da canteira, e contará como adestrador, como xa se informou en días pasados, con Fiz Rodríguez, que conta con ampla experiencia en categorías superiores, e que afronta con grande ilusión este novo reto.

A Sociedade Deportiva Compostela quere seguir medrando, e entende que este é un novo paso para iso, da man dun club modelo do fútbol compostelán como é o Zona Vella. Grazas Zona Vella, grazas a Lois, Xoán e o resto dos directivos. Estamos seguros de que o SD Compostela Zona Vella daranos moitas alegrías.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.