Conseguir plasmar a formulación previa

6 de Setembro de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/Pi1dkkyQK6g” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os nosos queren manter a xeira no Vero Boquete contra o Barco, nun duelo de altura

Santiago de Compostela, a 6 de Ssetembro de 2019.

A SD Compostela repite esta fin de semana no Estadio Verónica Boquete, ante o seu público, en busca de manter a xeira deste comezo ligueiro. Os nosos buscarán plasmar de novo sobre o terreo de xogo a formulación preparada polo corpo técnico no duelo ante o Barco, un rival pola parte alta do campionato e que se reforzou moito este verán.

“É un conxunto que mellora prestacións e plantel cada ano e sempre realizan boas tempadas, a pesar de que adoita comezar titubéante. O curso pasado tampouco gañou ata a xornada 5 ou 6 e despois loitaron para estar arriba ata a penúltima xornada”, destacou Yago Iglesias na rolda de prensa.

A pesar de que continúan co mesmo adestrador, Manolo Pérez, ao cal coñece moi ben o técnico santiagués, o plantel sufriu importantes cambios. “Trouxeron moito xogador de Segunda B e de Terceira do grupo vasco, que suman a outros con moita experiencia como Rubén García, que segue, ou a fichaxe de Moreira, que lle dan moito pouso e experiencia”, apuntou.

Por este motivo, o Barco sempre é un equipo para ter moi en conta, advirte, polo que agarda que chegue o domingo e que se plasme o que esperan. “Estou seguro de que virán a polos tres puntos, que non virán especular nin esperar encerrados. Teñen plantel, calidade e nome máis que suficiente para xogar de ti a ti e así os esperamos”, sinalou.

Para contrarrestalo, e trala final disputada este mércores, os santiagueses preparan, como é habitual, algunha novidade no once, adaptándose ao estilo do rival. “As súas características, xogar en casa e demais farannos utilizar algún xogador distinto e a partir de aí ver se de verdade o que temos na cabeza é o que conseguimos”, reiterou.

Para este duelo, Yago non poderá contar coas tres baixas habituais, malia que agarda empezar a contar con eles xa a semana próxima, ademais de agradecer unha competición como a Copa Federación, para ir repartindo minutos e que collan ritmo de competición.

Os dezaseis que están dispoñibles están listos, e coas pernas preparadas, para unha nova batalla no fortín branquiazul. Chega un rival complicado, pero os nosos, co apoio da bancada, e estreando camisetas, buscarán ampliar a súa dinámica ata o tres de tres. Pese ao rival, queren plasmar a formulación previa para alcanzar a vitoria.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

57 minutes ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmado o horario para a xornada intersemanal da próxima semana⚽️ 𝐗𝟐𝟔🆚 UD Barbadás 🗓️ Xoves, 19 de marzo🕠 17:30 horas🏟️ Os CarrísXogaremos o xoves en Barbadás! 🙌#barbadáscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Alondras C.F. ⚽️ Previa do noso técnico antes do regreso dos nosos ao Vero Boquete, este sábado ás 18:00 horas, co obxectivo de regresar á senda da vitoria#composalondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👨‍⚕️ PARTE MÉDICO Centro Médico Compostela - Grupo SCQ Salud⚽️ 𝐉𝐨𝐚𝐪𝐮𝐢𝐧 𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 As probas realizadas ao noso canteirán confirmaron un desgarro parcial do ligamento lateral interno do xeonllo dereito👉 O mediocentro xa iniciou tratamento e traballo de recuperación, baixo a supervisión dos servizos médicos e de readaptación do clubMoito ánimo, Goris! Volverás máis forte! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Esta semana agardámosvos o sábado na nosa casa🤝 Partido patrocinado polo ximnasio 𝐂𝐥𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭 𝐂𝐥𝐮𝐛 𝐒𝐂𝐐, "la Fábrica de Campeones" ⚽️ 𝐗𝟐𝟓🆚 Alondras C.F. 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#ComposAlondras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.