Debut ideal dos equipos da base

10 de Setembro de 2019
IMG-20190908-WA0046
Equipo da SD Compostela-Zona Vella.
  • Vitorias do Filial, Xuvenil A, Cadete A e os dous infantís no seu primeiro encontro

Santiago de Compostela, a 10 de Setembro de 2019.

O debut na competición ligueira para os equipos da base da SD Compostela non podería ser case mellor. Dos seis partidos que se disputaron na fin de semana, cinco deles acabaron con vitoria branquiazul e o restante en empate. Entre eles, destacan o triunfo contundente do filial e o do Xuvenil A e Cadete A na súa estrea na liga Galega.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella estreou a súa nova denominación cun gran triunfo ante o San Mamede por 6-2, resultado que o levanta a un anecdótico liderado. Nunha primeira media hora fulgurante, os pupilos de Fiz Rodríguez colocáronse cun contundente 4-0, con tantos de Bruno Pouso, Isaac Trillo, Pablo Costa e Antón Olveira. A pesar de que os visitantes recortarían diferenzas, de novo Bruno e despois Diego Martínez, selarían o marcador final.

En canto ao Xuvenil A, logo dunha gran posta a punto na pretempada, demostrou esas grandes sensacións cun sólido triunfo por 3-1 ante o Residencia. De novo na liga Galega, os branquiazuis comezaron con gran pé un ano no que agardan loitar polo ascenso, despois de superar aos lucenses con dobrete de Christian Fernández, xogador que adestrou co primeiro equipo no verán, e outro tanto de David Quintás.

Pola súa banda, o Xuvenil B iniciou o campionato cun empate a dous tantos ante o Bastavales. Moisés Bernárdez e Juan Amigo abriron e pecharon o luminoso, respectivamente, para que os nosos sumasen o primeiro punto da tempada.

Tamén na súa estrea na liga Galega, o Cadete A sumou tres importantes puntos ante o Milagrosa. Os branquiazuis estreáronse na categoría cun 2-0, con goles de Manuel Insúa, no primeiro acto, e Sergio Martínez, no segundo.

E por último, o dobrete dos infantís. O Infantil A venceu por 4-3 ao Xuventude Oroso “B”, tres puntos de moito mérito cultivados coas dúas dianas de Anxo Fuentes e os goles de Lois Lortes e Leo González. Mentres tanto, o Infantil B goleou ao La Salle na súa estrea, cun 7-1 final. Sergio Varela, Yago Vilariño, Daniel Varela, Mateo Somoza, Giovanny Alejandro Gallo, Hugo Sabel e Iker Torres dividíronse os tantos da contenda, resultado que os coloca como líderes.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.