O Bergantiños leva o clásico cun solitario tanto

16 de Setembro de 2019
Ocasión de Miki no primeiro tempo. Foto: Amadeo Rey.
Ocasión de Miki no primeiro tempo. Foto: Amadeo Rey.
  • O gol de Yelco decidiu un encontro no que o Compos careceu de fortuna

Santiago de Compostela, a 16 de setembro de 2019.

O clásico do grupo 1 da Terceira División, disputado onte no campo das Eiroas, caeu ao lado do Bergantiños. O cadro de Carballo superou a un Compos, carente de fortuna cara ao arco rival, co solitario tanto de Yelco, no minuto 74. Certificouse así a primeira derrota da tempada para os nosos, apertándose a parte alta da táboa clasificatoria.

Tal e como indicou Samu na previa, o Bergan saltou ao seu feudo con moito ímpeto desde o inicio, situación ben prevista polos nosos e que souberon controlar a través do dominio do esférico. Con todo, froito da enorme calidade que atesouran ambos conxuntos, as ocasións dividíronse entre ambas áreas.

Por unha banda, Rivera tentouno cun disparo desde fóra da área despexado por Pato e con outro golpeo, na área pequena, que enviou ao traveseiro.

Polo outro, Miki puido abrir o marcador nunha das súas habituais entradas por banda, pero o seu disparo marchouse rozando o pau, mentres que Álvaro Casas, á saída dun córner, atopouse tamén coa madeira, despois de conectar un excelente cabezazo.

Con todo, non se moveu o marcador e a decisión da batalla quedou para a segunda metade. Nela, serían os locais de novo os primeiros en avisar, logo dun penalti de Pato sobre Yelco. O propio porteiro uruguaio volveu demostrar a fama que atesoura como “parapenaltis” para acertar coas intencións de Rivera, sacando a man para despexar o esférico a córner.

A acción espoleou aos nosos e Gabri Palmás, recentemente entrado ao campo, puido abrir o luminoso, pero a sorte volveu ser esquiva, xa que o seu disparo desde dentro da área rozouno Canedo e pegou no pau, antes de marcharse por liña de fondo.

E a situación empeorou cando Yelco, no 74, si foi capaz de enviar o esférico ao fondo da rede. Nun despexe desde o centro do campo, Rivera gañou o salto de cabeza e deixou a pelota morta na área para que o extremo, adiantándose ao seu par e ao meta coa súa diagonal, superase por baixo a Pato e marcase, ao cabo, o único gol do encontro.

Foi o tanto decisivo, porque outra vez, no desconto, a pelota marchouse rozando o pau, cando Pablo Antas conectou un soberbio cabezazo desde o punto de penalti. Non era o día e o partido languideceu para a alegría dos locais.

Con esta derrota, a primeira da tempada, o Compos mantense en postos de playoff, con nove puntos, malia que lle recortan a diferenza varios rivais. Así, toca levantar rapidamente a cabeza e buscar de novo o triunfo o vindeiro domingo ante un deles, o RC Deportivo Fabril, dirixido por Luisito.

FICHA TÉCNICA:

1- Bergantiños CF: Canedo; Bilal, Antonio, Marcos, Agulló Aarón; Duque (Diéguez, m.66), Diego, Marcos Remeseiro (Cano, m.75), Yelco (Granada, m.75); e Rubén Rivera.

0- SD Compostela: Pato; Soto, Samu, Casas; Miki, Baleato, Mon (Josiño, m.75), Pablo Antas, Brais Abelenda (Saro, m.82); e Rodri Alonso (Gabri Palmás, m.59).

Goles: 1-0: Yelco, min.74.

Árbitro: González Franco (Ferrol). Amoestou a Agulló, Diego e Antonio, polos locais; e a Miki, Pato e Jimmy, polos nosos.

Incidencias: Campo das Eiroas (Carballo). Partido da xornada 4 de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 700 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.