Desconto de Los Ángeles Gas aos abonados da SD Compostela

26 de Setembro de 2019

Samu 1 Los Ángeles Gas

  • Dándose de alta co abono do club poderá aforrar ata 6 céntimos por litro

Santiago de Compostela, a 26 de Setembro de 2019.

O grupo de gasolineiras Los Ángeles Gas ofrece a todos os abonados da SD Compostela a posibilidade de aforrar en cada visita a algunha das súas estacións. Unha tempada máis, a compañía mantén o seu apoio ao club, estando presente no Estadio Vero Boquete de San Lázaro, cun valo, pero tamén patrocinando ao equipo Prebenxamín A, o cal levará a súa publicidade no seu equipamento.

Froito desta colaboración, as estacións de servizo de L.A.G. ofrecen un desconto inmediato de 0,03 céntimos por litro enchido, o cal pode chegar ata os 0,06 céntimos por litro, no caso dos carburantes mellorados. A maiores, poderá recibir a factura da subministración de maneira automática, no mesmo momento, ou ben a final de cada mes, en formato papel ou en dixital.

Este desconto, do mesmo xeito, é acumulable nas estacións GALP, ao que se realiza por formalizar o pago a través daquelas entidades bancarias coas que a petroleira ten acordos.

Para beneficiarse deste aforro inmediato ten que completar a solicitude que está á súa disposición nas estacións do grupo, a través do seu correo electrónico (comunicacion@losangelesgas.es) ou ben solicitando o documento en nosas propias oficinas. A partir de que se dea de alta na base de datos de L.A.G., xa poderá beneficiarse do aforro.

Gasolineiras con desconto para abonados.

E.S. Manzaneda, S.A. Los Ángeles (Estr. Santiago-Noia, km.12); Gasóleos Compostela 2000, Sl. El Pilar (Avda. Juan Carlos I, Santiago); E.S. Compostela, S.L. (Rúa Amio, Polígono Costa Vella); E.S. Lapido, S.L. (Estr. Santiago-Noia, km.7,5); E.S. Sigüeiro, S.L.U. (Estr. N-550, km.51); ES Santa Comba L.A.G. Xallas, S.L. (Avda. De Brasil); E.S. Aeroporto-Santiso, S.L. (Estr. N-634, Curtis); E.S. Fontefría (Estr. Santiago-Noia, km.23); E.S. LAG Méndez Núñez, S.L. (Avda. Alférez Provisional, nº10, A Coruña); e E.S. LAG Oleiros, S.L. (Avda. Das Mariñas, Perillo).

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.