Boas sensacións no debut dos equipos de fútbol 8

30 de Setembro de 2019

Resultados-29-Setembro

  • A xornada pechouse con nove triunfos, entre eles, os dos equipos de Liga Galega

Santiago de Compostela, a 30 de Setembro de 2019.

A última fin de semana de setembro, asollado o sábado e chuvioso o domingo, deixounos o debut dos equipos de fútbol 8 da base da SD Compostela. Por sorte, a ampla maioría xogaron no primeiro dos días, polo que ademais de gozar dun bo tempo, moitos tamén o fixeron cos seus triunfos, destacando neste apartado os dos dous equipos de Liga Galega e o do Infantil B, que segue como líder.

En primeiro lugar, o Zona Vella-SD Compostela encaixou a primeira derrota do curso na súa visita ao Laro, equipo contra o que desputaron a última Copa do Sar. O duelo decidiuse nos primeiros minutos, nos que a pesar de que Bruno Pouso, de penalti, conseguiu empatar no 3, os locais volveron poñerse en vantaxe aos 25. Os nosos tentárono durante todo o choque, pero xa non foron capaces de perforar a portería rival.

Mellor sorte tivo o Xuvenil A, que na súa volta a Santiago, tras dous encontros de visitantes, volveu saborear os meles do triunfo. Os branquiazuis superaron ao potente Galicia de Caranza por un claro 3-1, con dous tantos de Alberto Pampín e outro de Adrián Rodríguez, todos eles na primeira parte. No plano oposto, o Xuvenil B caeu na casa contra o Xuventude Oroso, líder en solitario, por 1-4, malia que se mantén na parte alta da clasificación. Anxo Ferro foi o autor do gol da honra para os nosos.

Do mesmo xeito que os maiores, o Cadete A logrou idéntico resultado ante o mesmo rival, un 3-1 remontando na segunda parte, co que se sobrepuxeron ao primeiro tropezo do ano, ademais de escalar á cuarta posición. Iván López, Iker Carril, que volvía ao equipo, e Xaime Paz déronlle a volta ao marcador e certificaron os tres puntos para os nosos. O seu triunfo converteuse en dobrete para a categoría, grazas ao gran debut do Cadete B na liga Autonómica. Os santiagueses superaron nesta primeira xornada ao Tordoia por 4-0, no que anotaron David Porto, Rubén Sande, Joel Rolf Seoane e outro en propia porta.

En infantís, non puideron manter a súa traxectoria inmaculada, xa que o Infantil A caeu pola mínima ante o Milladoiro, no duelo de colíderes. Nun partido moi apertado, os nosos perderon por 5-4, vendo como os locais remontaban nos últimos cinco minutos. Lois Lortes, por dúas veces, Leo González e Álvaro Espasandín foron os goleadores. Esa fortuna que lle faltou a estes, tívoa o Infantil B para superar por 2-3 ao Bertamiráns, mantendo así o liderado. Mateo Benítez, Iker Torres e Alejandro Prado déronlle a volta ao resultado na segunda metade, logo de marchar ao descanso en desvantaxe.

Baixando ao fútbol 8, o Alevín A volveu a sumar de tres, na terceira xornada, tras superar ao Bastavales por 0-3. Foi o único triunfo, xa que o Alevín B perdeu na estrea contra o Amio B, por 2-5, mentres que o Alevín C sucumbiu por 4-6 ante o Conxo E.

Os que si destacaron na súa estrea foron benxamíns e prebenxamíns, xa que os catro equipos, dous de cada unha, lograron o triunfo. O Benxamín A e o Benxamín B superaron como visitantes ao Conxo C e D, respectivamente, mentres que o Prebenxamín A gañou ao Bertamiráns e o Prebenxamín B ao Vista Alegre.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo temos derbi na nosa casa para intentar continuar co momento doce 💪🩵🤍🤝💡 Partido patrocinado por Ojoalvatio 🆚Ourense CF 🗓️ Domingo, 15/11🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta na nosa web#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.