Vitoria solvente para pasar a oitavos

3 de Outubro de 2019
Rodri Alonso celebra o gol con Miki. Foto: Amadeo Rey.
Rodri Alonso celebra o gol con Miki. Foto: Amadeo Rey.
  • A SD Compostela superou con claridade á Arandina por 4-1, resolvendo na segunda metade

Santiago de Compostela, a 3 de Outubro.

Primeiro obxectivo logrado. A SD Compostela xa está nos oitavos de final da Copa Federación despois de superar á Arandina por 4-1, cunha segunda metade soberbia na que anotou tres tantos, malia que puideron ser máis. Co primeiro paso logrado, dentro de quince días, o público gozará dun derbi no Vero Boquete contra o Coruxo.

Cunha entrada fulgurante, Miki anotou no primeiro minuto de xogo, vantaxe que ampliou Rodri Alonso aos 50 minutos. A pesar de que Pesca recortaría distancias nunha falta, Josiño e Hugo Sanmartín, na parte final do duelo, devolveron a calma ao marcador e selaron o pase de rolda.

A pesar de realizar varios cambios no once inicial, a SD Compostela saltou ao fortín coa idea de sempre, dominar con pelota ao rival. E así, tan claro o tiñan, que aos 45 segundos xa marchaban por diante no marcador.

Gabri Palmás recibiu na esquerda, conectou ao espazo para Rodri Alonso e o dianteiro, moi listo, virouse e puxo o esférico ao segundo pau para a entrada veloz de Miki, quen controlou e fusilou por arriba a Tienza.

Mellor forma de comezar imposible, aínda que non se relaxaron os nosos. Se ben é certo que Adeva probou a Anxo Pérez aos tres de xogo, a máis clara tívoa Rodri Alonso nas súas botas. Saro conectou con Miki, o extremo chegou á liña de fondo e puxo o pase da morte para o dianteiro, pero este atopouse co corpo do porteiro.

Co paso dos minutos, a choiva comezou a pesar en ambos contendentes e o xogo freouse, aínda que Miki tivo unha nova ocasión, que nesta ocasión salvou coa perna un dos centrais.

Á saída dos vestiarios, os branquiazuis seguiron coa tónica que tan ben lle fora na primeira e aos cinco minutos volveu atopar un novo premio. De novo, a ocasión partiu da banda dereita, onde Miki volveu campar ás súas anchas, cun corte cara a dentro e pase da morte para que Rodri Alonso marcase por segundo encontro consecutivo. A pesar da boa estirada do porteiro, o disparo do berciano acabou na rede.

Con todo, cando mellor estaban os nosos, a Arandina atopouse co premio nunha xogada illada. O árbitro decretou unha falta case sobre a liña da área e Pesca, con suavidade, colocou a pelota na escuadra, facendo imposible a estirada de Anxo.

A pesar de recortar diferenzas, o Compos non se puxo nervioso e seguiu insistindo para derrubar a muralla defensiva rival que, aínda que salvou unha primeira internada de Brais Abelenda e viu como un disparo de Hugo se marchaba ao lateral da rede, á terceira xa non puido facer nada.

O extremo de Bembibre, que entrou no segundo acto, atopou os espazos ás costas da defensa polo lado esquerdo, foise do seu par e puxo un servizo atrás para que Josiño marcase a pracer, mollando outra vez no fortín.

E catro máis tarde, no 81, esta vez pola dereita, Brais colgou o esférico ao segundo pau, lonxe do alcance de Tienza, para que Hugo Sanmartín se estrease como goleador cunha gran volea.

Ata o final, Pesca atopou o traveseiro nun disparo desde o centro do campo e Brais as mans do porteiro nun tiro desde a frontal, polo que o marcador xa non se moveu e a parroquia branquiazul puido saborear un novo triunfo.

O fortín volveu demostrar a súa maxia, o Compos a súa mellor versión e xa queda un paso menos para o bonito premio que dá esta Copa Federación. En quince días, o Vero Boquete abrirá as portas para vivir un derbi galego, contra o Coruxo, malia que antes, este domingo, toca a quenda da liga contra o Polvorín.

FICHA TÉCNICA:

4- SD Compostela: Anxo Pérez; Saro, Álvaro Casas, Queiruga, Sergio Pereira; Baleato, Mon (Samu, m.62); Miki, Josiño, Gabri Palmás (Hugo Sanmartín, m.70); e Rodri Alonso (Brais Abelenda, m.62).

1- ArandinaCF: Tienza; Barbeiro, Pesca, Munguía, Zazu; Kalifa, Soto (Joaquín, m.46), Steylor (Álex Schulze, m.73); Moha (Joaquín, m.46), Narváez e Adeva (Abad, m.67).

Goles: 1-0: Miki, min.1; 2-0: Rodri Alonso, min.51; 2-1: Pesca, min.60; 3-1: Josiño, min.77; 4-1: Hugo Sanmartín, min.81.

Árbitro: González Suárez, comité asturiano. Amoestou a Narváez e Zazu, polos visitantes.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro (Santiago). Partido dos dezaseisavos de final da Copa Federación disputado ante 350 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
ℹ️ SANCIÓN👉 Secho non poderá contar este domingo en Ávila con Pablo Crespo🟨 O central cumprirá sanción tras recibir o quinto cartón amarelo a pasada xornada📸 Nacho Castaño #ávilacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 A por unha nova final para seguir gañandox33 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horas📺 www.tvfootballclub.com/#ávilacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎#ávilacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨🗣️ Declaracións de Secho tralo terceiro triunfo consecutivo dos nosos, novamente na nosa casa#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.