O fortín vibrou coa gran tarde de Primo

17 de Novembro de 2019
Celebración Gol vs CSD Arzúa 1
Celebración do segundo gol de Primo, nun partido patrocinado por Segundo Rey. Foto: Amadeo Rey.
  • O cántabro, no seu regreso ao Vero Boquete, selou un hat trick para que o Compos siga invicto

Santiago de Compostela, a 17 de Novembro de 2019.

Non hai quen lle tosa á SD Compostela no Vero Boquete. Os branquiazuis, de novo, sumaron de tres e fixérono na gran tarde de Primo. O dianteiro cántabro, no regreso ao fortín compostelanista, demostrou o seu olfacto goleador para selar un hat trick que supuxo o 3-0 final. Un gol na primeira e dous na segunda deixaron o triunfo na casa, e coa portaría cero.

Volvía o Compos ao seu fortín e facíao para disputar o derbi contra o Arzúa. O partido, con dous conxuntos valentes, presentábase como moi atractivo e iso notouse na bancada, que presentou a mellor entrada do que vai de tempada. Era un día tamén no que as choivas de días anteriores deixaron paso, por momentos, a que lucise incluso o sol. E o duelo servía, a maiores, para o re-debut de Primo no Vero Boquete.

Eran tantas as circunstancias, que os branquiazuis non querían que se escapase esa traxectoria inmaculada que presentan como locais. Por iso, desde o inicio, mostraron as súas credenciais, ese xogo de toque que recibe encomios de propios e estraños e que tantos réditos lle dá ao conxunto dirixido por Yago Iglesias.

Ese dominio na posesión meteu ao Arzúa no seu propio campo, tentando tapar como fose todas as vías de auga. O entramado servíalle para defender a súa área, aínda que o Compos atopaba espazos con paciencia. Así, no dez, rozaron o tanto nas botas de Miki, pero o extremo, tras controlar unha fermosa asistencia de Pablo Antas, atopouse co pé de Isra.

Con todo, o gol podía chegar en calquera acción e chegou, obra, como non, do dianteiro de San Pantaleón. Os nosos tiraron de decoro para loitar ata tres despexes, e o último deles, caeu nos pés de Primo, quen, demostrando o seu enorme catálogo de recursos, picou o esférico por encima do porteiro, mandándoo á rede con sutileza.

Corenta e un minutos tardou Primo en mollar no fortín, pero non contento con iso, non sería o seu único tanto da tarde. Á volta dos vestiarios, o Compos ampliaría a vantaxe nun novo man a man resolto polo cántabro. Miki, despois de gañar o duelo co lateral, serviulle a asistencia para que o dianteiro, regatease a Isra cun toque ao carón, e fusilase logo ao fondo das mallas.

Máis relaxados coa vantaxe, os branquiazuis atoparon máis ocos na zaga rival e rozaron o terceiro en varias oportunidades. Primeiro, Miki, nun novo man a man, atopouse co porteiro. Despois, Gabri Palmás, tras un novo roubo en zona ofensiva, lanzou axustado, pero salvou a córner o meta. E en terceira instancia, Pablo Antas, nunha falta desde a frontal, mandou a pelota con sutileza e esta pegou no poste.

Parecía que non habería máis goles, ante un Isra cada vez máis crecido, máis aínda cando lle sacou o terceiro a Primo nun man a man no que se fixo grande, pero finalmente, a diana acabou chegando e foi a do hat trick. Saro entrou con espazo pola banda, chegou a liña de fondo e serviu o pase da morte para que Primo puxese a guinda á súa gran tarde. Dixo na súa presentación que se relambía vendo as ocasións que xeraba o equipo no Vero Boquete e hoxe entendeuse o por que.

Co terceiro, o Compos rebaixou un pouco o ritmo, aproveitou para que o goleador da tarde recibise a súa merecida ovación e pechou o duelo cunha nova vitoria no seu fortín, no que segue invicto. Ademais, novamente, demostrou a súa fiabilidade defensiva, deixando o seu arco a cero e sen apenas conceder ao rival. Con este ritmo mostrado na casa, os nosos desexan ampliar a dinámica lonxe dela, na próxima saída contra o Paiosaco.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Baleato, Pablo Antas; Miki (Brais Abelenda, m.60), Josiño, Gabri Palmás (Rodri Alonso, m.72); e Primo (Alberto Freire, m.81).

0- CSD Arzúa: Isra S., David (Vázquez, m.57), Fernando, Edgar, Caio (García, m.50), Isra P.; Brais, Diego, Ramos, Álvaro; e Iker (Guedes, m.66).

Goles: 1-0: Primo, min.41; 2-0: Primo, min.48; 3-0: Primo, min.79.

Árbitro: Quintairos Rial (Vigo). Amoestou a Primo, polo Compos, e a Isra P., polos visitantes.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Partido da décimo terceira xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 1300 espectadores. Antes do inicio gardouse un minuto de silencio polo pasamento de José Luís Fidalgo Veloso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
Onte estivo de aniversario o noso mariscal na zaga, Euse Monzó!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Euse!!! 💪 Que veñan acompañados de moitos éxitos e que os celebremos xuntos!!!📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual | Jesús Figueroa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN ENCONTRO PARA SACAR ENTRE TODOS!!!🙌 ESTE DOMINGO, TODOS AO VERO BOQUETE!!!🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete📦 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐎 𝐏𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐢𝐬 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚽️ Comeza unha nova semana con cinco adestramentos previstos! Centrados xa no seguinte reto na casa!!!⚒️ Este domingo, todos xuntos, sacaremos adiante o encontro!!!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.