O Xuvenil A, aínda máis líder

9 de Decembro de 2019
Resultados 8 Decembro 1
  • Os canteiráns superaron ao seu inmediato perseguidor, o Montañeros, cun gol no 88

Santiago de Compostela, a 9 de Decembro de 2019.

A ponte festiva da Constitución deixou unha xornada moi reducida nas categorías inferiores da SD Compostela, na que só participaron algúns dos equipos de fútbol 11. Foi unha fin de semana marcada polo Campo de Santa Isabel, onde xogaron todos eles, destacando o dobre duelo contra o Montañeros en Liga Galega, con resultados dispares para os nosos.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella pasou de rolda o venres na Copa do Sar, na que defende título, despois de superar por 2-5 ao Cures, cun dobrete de Yago Torrente e goles de Antón, Bruno e Alberto, pero non puido repetir a sorte na liga, na que caeu por terceira semana seguida, esta vez, contra o Lamela. O filial perdeu 0-1 nun encontro que se decidiu no minuto 84.

Nos últimos compases tamén, malia que neste caso ao seu favor, decidiuse a vitoria do Xuvenil A contra o Atlético Coruña Montañeros, o seu inmediato perseguidor ata a data. Os líderes da Liga Galega, agora con oito puntos de vantaxe sobre o segundo, o CD Boiro, desfixéronse dos coruñeses cun solitario de Juan Amigo no 88. O canteirán desnivelou así a contenda cun disparo desde media distancia que levou a alegría a bancada.

Por contra, o Cadete A, que xogou xusto a continuación, non puido emular aos maiores e perdeu ante o propio Atlético Coruña Montañeros por 1-3, polo que perde a segunda posición, en favor do EFM Boiro, e ve como se lle achega o seu rival desta fin de semana, que marcha cuarto. Pablo Otero adiantou aos nosos no 13, pero tres tantos psicolóxicos, un no último minuto da primeira parte e dous á volta dos vestiarios, provocaron que o triunfo viaxase para terras herculinas.

E, por último, en infantís viviuse un novo dobrete, con dous encontros que os branquiazuis sacaron ante grandes rivais. O Infantil A, o venres, desfíxose por 4-2 do Bertamiráns B, ao que adianta na clasificación. Senllos dobretes de Anxo Olveira e Leo González decidiron o duelo a favor dos nosos. Mentres tanto, o Infantil B superou por 2-0 ao Compañía de María, deixando así ao quinto clasificado a nove puntos. Anotaron para os branquiazuis, nesta ocasión, Sergio Varela e Giovanny Gallo.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador!Moitos parabéns, Donnici!!A celebralo esta tarde cunha vitoria no derbi da Lomba 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Arosa SC 👉 Os nosos citados para esta tarde na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
DÍA DE COMPOS! 🩵🤍🆚 Arosa SC 🏟️ A Lomba🕔 17:00 horas🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 anos - 5€📺 En Xogo 🙌 A polo derbi, xuntos! Queremos unha nova vitoria na Liga!📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.