O Xuvenil segue imparable antes das vacacións

16 de Decembro de 2019
Resultados 15 Decembro 1
  • Sumou un novo triunfo como visitantes por 0-1, do mesmo xeito que o Filial

Santiago de Compostela, a 16 de Decembro de 2019.

Seguen pasando as xornadas e o Xuvenil A segue asentado no máis alto da clasificación. Os branquiazuis, en pleno refacho, volveron sumar de tres, nunha saída complicada, e manteñen a súa renda de oito puntos co segundo. Tamén sumaron de tres nesta fin de semana chuviosa o filial, Infantil A, Benxamín A e os dous Biberóns. Mentres tanto, houbo outros tres empates e tres encontros suspendéronse polo mal tempo.

En primeiro lugar, o SD Compostela-Zona Vella regresou á boa senda, logo de varias derrotas consecutivas, para volver sumar de tres como visitantes. O filial dirixido por Fiz Rodríguez superou por 0-1 ao Trazo grazas ao solitario tanto de Yago Brea, no 26, un resultado co que avanzan na táboa.

Cun idéntico 0-1, o Xuvenil A cultivou a súa cuarta vitoria consecutiva, outra lonxe de Santiago, coa que mantén o seu gran dinámica e a súa vantaxe na clasificación, de oito puntos sobre o seu inmediato perseguidor. A pesar das cuantiosas baixas que ten por lesións, os canteiráns están a sobrepoñerse con mestría e levaron o gato ao auga grazas ao tanto de Alberto Pampín no último minuto do primeiro acto. Por contra, non tivo tanta sorte o Xuvenil B, que caeu por 2-3 contra o Arzúa, a pesar das dianas de Hugo Martínez e Rubén Gesto.

Non tivo a mesma sorte esta vez o Cadete A que, aínda que volveu mostrar a súa solidez defensiva, non puido sumar de tres. Os branquiazuis, na difícil visita ao Racing de Ferrol B, empataron 0-0. Tamén sumou un punto o Cadete B, que mantén a posición de privilexio na liga Autonómica, logo de quedar 1-1 contra o Atlético Fátima, rival polo ascenso. O único gol marcouno Joel Rolf Seoane desde o punto de penalti. E en terceiro lugar, o Cadete C perdeu por 1-4 ante o Calo, sendo Fabián Lamela o autor do tanto da honra.

En infantís, o Infantil A mostrou a súa mellor versión para superar ao AD Manuel Peleteiro por 2-6 e seguir na cuarta posición da clasificación. O hat trick de Leo González e os tantos de Álvaro Espasandín, Anxo Olveira e Lucas Dagnac sentenciaron o choque. Igualmente, marcha cuarto o Infantil B, que empatou contra o Victoria, terceiro, 1-1. Daniel Ouro foi o goleador branquiazul.

En fútbol-8, o Alevín A non foi capaz de superar ao Conxo, contra o que caeu por 2-5. Alevín C, Benxamín B e Prebenxamín A viron suspendidos os seus encontros polo mal tempo, xa que os tres xogaban no mesmo campo e á primeira hora da tarde do sábado, cando aumentou un vendaval.

Se puideron xogar o Benxamín A, que segue terceiro ao superar ao Villestro, e o Prebenxamín B, que perdeu na súa visita ao Tordoia.

Por último, en fútbol sala, o Biberón A gañou por 0-4 ao Praíña, mentres que o Biberón B superou por 3-0 ao La Salle.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.