Décima vitoria e campionato de inverno

14 de Xaneiro de 2020
Celebración Gol Brais Abelenda vs CD Arenteiro 2 1
Celebración do golazo de Brais Abelenda, nun partido patrocinado por Gastrobar El Patio. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos acabou a primeira volta no máis alto tras superar ao Arenteiro por 3-0

Santiago de Compostela, a 14 de Xaneiro de 2020.

Campión de inverno. A SD Compostela pechou unha primeira volta espectacular cunha nova vitoria, a décima consecutiva no Vero Boquete, que lle permitiu acabar no máis alto da clasificación neste primeiro tramo da competición. Para consumar o pleno no fortín, os branquiazuis superaron por 3-0 a un correúdo Arenteiro.

O obxectivo de pechar esta primeira parte da tempada con triunfo canalizouse mercé ao dobrete dun Brais Abelenda que empezou de doce este 2020. Dous tantos seus, un na primeira e outro na segunda, e o gol da sentenza de Gabri Palmás certificaron o que todos desexaban, o 10 de 10.

Coa convicción de seguir coa súa xeira inmaculada no Vero Boquete, o Compos saltou ao campo, no debut ante o seu público neste novo ano, ao douscentos por cen. Cunha marcha moi alta, e mostrando a súa mellor versión, apertou desde o asubío inicial a un Arenteiro que tentaba salvar os mobles como podía.

Froito deste dominio, nada máis arrincar, no 2, Brais Abelenda plantouse só diante de Rui, grazas a un gran servizo de Jimmy, pero na súa indecisión para colocar o disparo, apareceu rápido Toño para cortar o esférico a córner.

Non lle importou ao dianteiro de Bembibre, xa que no 18 subiría o primeiro ao luminoso. Samu rouboulle a carteira ao propio central de Boqueixón, cunha presión adiantada en área rival, o esférico caeu nos pés de Brais que, esta vez, superou por baixo e sen contemplacións ao porteiro.

Coa primeira pedra superada, os branquiazuis seguiron dominando, acumulando xogadas de ataque e accións a balón parado desde a esquina, malia que sen o éxito agardado. A máis clara tívoa Miki, quen nunha das súas innumerables entradas por banda dereita fixo lucirse a Rui. Por contra, no bando visitante, o seu único indicio de perigo chegou nun disparo axustado de Javi Rey, que sacou abaixo Pato Guillén, quen volveu deixar o marco a cero.

Xa na segunda metade, o Arenteiro quixo inquietar cun cambio de sistema, pero a superioridade local maniatouno. A pesar de que Wadir non acertou a rematar un servizo desde a esquerda, o Compos tiña claro o plan de partido e aumentou distancias antes da hora de xogo. Baleato abriu á banda de Miki, o extremo de Nigrán percutiu entre a zaga coa súa velocidade e puxo un servizo ás costas dos centrais para un Brais Abelenda que lle puxo a guinda á acción cunha sensacional vaselina. Era o duodécimo tanto do pichichi branquiazul e un golpe de autoridade do líder no encontro.

Pero aínda chegaría outro máis. No 71, Saro gañou a liña de fondo, puxo un centro tenso atrás que sacou a defensa, pero o balón solto foille a parar a Gabri Palmás quen, tras amagar, aloxouno no fondo das mallas cun disparo cruzado. Era a sentenza.

Ata o final, os nosos baixaron un pouco o ritmo e deixaron correr o tempo para saborear un novo triunfo xunto aos seus. Así, certificouse o dez de dez, trinta puntos doutros tantos posibles no fortín que axudaron, e moito, a alcanzar o campionato de inverno. A bancada festexouno ao grande, aínda que tendo claro que os deberes se rematan en xuño. De momento, poderán saborealo pronto, xa que este próximo domingo o equipo abre a segunda volta no Vero Boquete contra o Alondras.

FICHA TÉCNICA:


3- SD Compostela:
Pato; Saro, Soto, Álvaro Casas, Jimmy; Samu, Baleato (Mon, m.84); Miki (Gabri Palmás, m.63), Pablo Antas, Hugo Sanmartín (Sergio Pereira, m.74); e Brais Abelenda.

0- CD Arenteiro: Rui; Pol, David, Toño, Ross (Mitogo, m.57), Ocampo (Iago, m.46); Manu, Pablo, Javi Rey; Jony e Wadir (Albertito, m.63).

Goles: 1-0: Brais Abelenda, min.18; 2-0: Brais Abelenda; min.53; 3-0: Gabri Palmás, min.71.

Árbitro: Álvarez Calderón (Vigo). Amoestou aos visitantes Manu e Mitogo.

Indicencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Partido da décimo novena xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 900 espectadores. Antes do inicio, realizouse unha homenaxe os abonados do club desde 1962. En representación, Alejandro Vázquez, executou o saque de honra.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀🎥 Revive a presentación oficial de Manel Menéndez na Brasería A Grella!!!💙 O novo técnico da SD Compostela deu as súas primeiras declaracións nas instalacións do seu patrocinador oficial!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 O Compos segue avanzando na súa dixitalización co novo patrocinio con Cluber App!!!💻 Grazas ao seu software de xestión, melloramos o servizo para a inscrición dos futbolistas, o cobro de cotas ou os trámites administrativos!!!💙 Benvidos ao Compos!!!#PatrocinioCluber ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Grazas Bodegas sampayolo polo voso apoio e compromiso durante esta Tempada!!!🙌 Grazas por formar parte do noso proxecto e por confiar e crecer da man do Compos!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🦷 En Clínica Baltar, a 𝐂𝐥í𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 da SD Compostela estamos nas mellores mans para coidar a nosa saúde bucodental!!!🪥 O último en visitar as súas instalacións foi Samu Rodriguez para coñecer os seus servizos e tratamentos!!! Recorda que como abonado contas con descontos especiais!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.