Obxectivo cumprido para arrincar a segunda volta

19 de Xaneiro de 2020
Remate Pablo Antas Gol vs Alondras CF 1
Momento do remate a gol de Pablo Antas, con Brais e Miki celebrando ao fondo, nun partido patrocinado por Ulla Oil. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis superaron a un Alondras defensivo co gol de Pablo Antas

Santiago de Compostela, a 19 de xaneiro de 2020.

Obxectivo cumprido para arrincar a segunda volta. O Compos volveu gañar no fortín, a súa undécima vitoria consecutiva antes os seus, tras superar a un Alondras ultradefensivo por 1-0, mercé ao único tanto de Pablo Antas no 59. Os nosos seguen coa súa dinámica no Vero Boquete para manter o liderado, ademais, deixando a portería de novo a cero.

O campión de inverno do grupo 1 da Terceira División estreaba hoxe a segunda volta onde pechou a primeira, no seu fortín. Os branquiazuis querían iniciar esta segunda parte do campionato mantendo a inercia positiva no Vero Boquete e para iso saíron de inicio cos mesmos homes e coa mesma idea de xogo.

En fronte, o Alondras, coñecedor do estilo branquiazul, partiu desde o asubío inicial cunha rede defensiva na que os once xogadores estaban en campo propio, buscando sorprender nalgunha posible contra.

Deste xeito, o Compos apropiouse por completo do esférico buscando os ocos na armazón visitante. Tentouno ao comezo pola banda esquerda, con Jimmy ou coas caídas de Brais Abelenda, pero en ambas opcións atrapou Ayoub os centros perigosos.

Tamén probou fortuna desde a dereita, nas máis claras do período inicial, pero o gardameta cangués estivo moi atento. Primeiro, Brais Abelenda sacouse da súa chistera un disparo con efecto e picado, tras pase de Saro, que salvou na liña Ayoub cunha gran estirada, cando a bancada xa cantaba o gol. E despois, no 25, Miki foi o que chegou á liña de fondo para pór un centro ao segundo pau que rematou de volea Hugo Sanmartín, pero o esférico marchouse rozando o pau.

Con todo, a pesar da insistencia, o tanto non chegou, deixando todo por decidir para o segundo tempo. Nel, o Compos volveu saír ao 200%, apertando desde o inicio en busca do premio que tanto merecía. Rozouno Baleato, cun disparo desde a frontal que sacou a córner o porteiro, e tamén o fixo Miki, cun tiro demasiado cruzado desde a interior da área, logo dunha preciosa parede con Samu.

Pero tanto foi o cántaro á fonte, que ao final, de tanto persistir, acabouse rompendo. No 59, Hugo Sanmartín puxo un sensacional centro pechado, Brais Abelenda non foi capaz de rematar ante a oposición de Pablo, pero o balón foi directo aos pés de Pablo Antas, que só tivo que colocar a súa zurda para que acabase a pelota no fondo da rede. Era a diana que rompía a igualada e que servía para que o mediocentro lucense se estrease como goleador coa branquiazul.

Chegou o momento dos cambios, ambos conxuntos variaron as súas pezas, e o Alondras quixo estirarse, saíndo a presionar arriba. Isto deixaba máis ocos ás costas, os cales tentaban aproveitar os nosos con rápidas saídas. Así, no 88, Mon foi o que se plantou ante Ayoub, pero no seu intento de vaselina, o esférico saíu cruzado en exceso.

E a continuación, xa na prolongación, Pablo Antas atopouse co porteiro no man a man, e co balón solto, Gabri Palmás mandou o disparo ao traveseiro. Non estaba para que houbese outro tanto, polo que,  co último cabezazo de Álvaro Casas no intento á desesperada dos visitantes, acabouse a contenda.

Deste xeito, o obxectivo cumpriuse. O Compos logrou a undécima vitoria consecutiva no seu fortín, no que xa suma 33 puntos, e coa portería a cero. Mantén ademais o liderado unha semana máis e comeza a segunda volta da mellor maneira posible, antes de encarar un dobre duelo como visitantes. O vindeiro domingo tocará viaxar a Somozas para prolongar a xeira de resultados.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Samu, Baleato; Miki (Gabri Palmás, m.75), Pablo Antas, Hugo Sanmartín (Sergio Pereira (m.70); e Brais Abelenda (Mon, m.83).

0- Alondras CF: Ayoub; Jesús Varela, Javi, Abel, Agujetas (Ricard, m.82), Pablo; Cora (Jonás, m.70), Luismi, Pichu (Arnosi, m.87), Mauro; e Marwan.

Goles: 1-0: Pablo Antas, min.59

Árbitro: Méndez Castro (A Coruña). Expulsou con vermella directa a Pereira (m.90), adestrador do Alondras, por protestar. Ademais, amoestou con cartón amarelo a Jimmy, polo Compos.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Partido da vixésima xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 950 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.