Marca histórica pola vía rápida

23 de Febreiro de 2020
Celebración Gol Primo 2 vs Rápido de Bouzas 1
Celebración de Primo no primeiro gol da tarde nun partido patrocinado por Cobre San Rafael. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos logrou o seu décimo terceiro triunfo seguido na casa, igualando a súa marca histórica, tras golear ao Rápido

Santiago de Compostela, a 23 de Febreiro de 2020.

A SD Compostela segue intratable no fortín branquiazul e esa superioridade converteuna nunha nova marca histórica, que se suma ás outras xa logrados nesta etapa de Yago Iglesias á fronte do equipo. Os compotelanistas, nunha tarde plácida, golearon por 4-1 ao Rápido de Bouzas e lograron así o seu décimo terceiro triunfo consecutivo no Vero Boquete, noutros tantos partidos. Tres puntos que sumar á conta do líder.

Nun gran arranque os nosos deixaron o partido a pracer mercé aos tantos de Primo, no minuto 1, e de Brais Abelenda, no 9. Co vento a favor, Josiño anotou o terceiro no 43 e Miki o cuarto no 61. Álex Rey recortou as diferenzas nos últimos minutos.

Convencidos de que poderían lograr unha nova marca histórica, o Compos saltou ao Vero Boquete, nunha tarde moi agradable, ao 200 %. Cunha marcha máis que o rival, os branquiazuis quixeron impor a súa lei desde o inicio e conseguírono rapidamente, xa que o primeiro tanto chegou cando non transcorreran nin 90 segundos.

Miki, que callou un partido estratosférico, gañou a banda mercé a unha asistencia ao espazo de Primo e xeneroso devolveulle o favor ao punta cántabro para que só tivese que empuxala á rede. Era o comezo soñado, pero aínda quedaba moito máis.

No 9, de novo Miki foise pola banda dereita, deixoulla para Sergio Pereira e este puxo un centro ao segundo pau onde Brais Abelenda, tras controlar coa dereita, fusilou coa esquerda ao fondo das mallas, sumando un novo tanto á súa conta goleadora, na que marcha como pichichi do equipo.

Con vantaxe xa no marcador, os branquiazuis xogaron a pracer e seguiron atopando moitos espazos na zaga visitante. A seguir, Israel Salgueiro salvou o terceiro cun rozamento coa punta dos dedos ao centrochut de Miki e tamén apareceu Ronald providencial para cortar o pase da morte de Josiño para Primo.

As ocasións aparecían por todos os lados, con Miki sempre como protagonista das accións de ataque. O de Nigrán, de novo, puxo unha asistencia para Brais Abelenda que non acabou en gol pola parada na liña do porteiro, un Israel que tamén saíu rápido a tapar unha nova cabalgada do extremo branquiazul, despois de que se lle escapase o control tras irse de tres rivais.

Estaba a roldar o terceiro o Compos e ao final, por insistencia, acabou chegando. Foi nunha acción de coraxe, de presión adiantada, na que Primo lle roubou a carteira a Pablo na saída do esférico, un balón que foi directo á zurda de Josiño para que, a pracer, superase ao meta e puxese a guinda a unha gran primeira parte.

Á volta dos vestiarios, e coa comodidade do marcador, o Compos seguiu dominando a pelota ante un Rápido que buscou irse arriba cos cambios. Rozou o primeiro Firi, cun toque coa sola do pé que saíu rozando o pau, pero quen anotou foi Miki para sumar o cuarto á conta local.

Nun novo roubo adianto, xerouse a diana. Brais Abelenda quitoulle o esférico a Ronald na área contraria e puxo un pase medido ao segundo pau para que Miki, tras contralar, marcase coa súa perna dereita, redondeando un auténtico partidazo.

Coa claridade de que os tres puntos non se marcharían do fortín, e coa bancada gozando do xogo do seu equipo, os visitantes quedaron en inferioridade numérica logo dunha entrada moi fea de Pablo, por detrás, sobre Josiño. Vermella directa que, con todo, non reduciu os ánimos dun Rápido que non parou ata anotar o tanto da honra, que chegou no 87, cun gran disparo coa zurda de Álex Rey, o cal se coou polo segundo pau.

Con todo, a vitoria non perigaba e os tres puntos quedaron por décimo terceira ocasión consecutiva na tempada no Vero Boquete. 13 de 13 como locais, marca histórica do club, e unha semana máis sendo líderes do grupo 1 da Terceira División. Cun fito máis que sumar á bagaxe branquiazul, a próxima semana tocará referendar as boas sensacións na visita ao Polvorín.

FICHA TÉCNICA:

4- SD Compostela: Pato; Sergio Pereira (Queiruga, m.74), Álvaro Casas, Soto, Jimmy; Samu (Gabri Palmás, m.64), Baleato; Miki (Hugo Sanmartín, m.64), Josiño, Brais Abelenda; e Primo.

1- Rápido de Bouzas: Israel Salgueiro; Jesús Barbeito (Álex Rey, m.69), Pablo, Ronald, Areal, Iñaki; Cristian, Yavhé, Mouriño, Fondevila (Carminati, m.75); e Pablo Carnero (Firi, m.59).

Goles: 1-0: Primo, min.1; 2-0: Brais Abelenda, min.9; 3-0: Josiño, min.43; 4-0: Miki, min.61; 4-1: Álex Rey, min.87.

Árbitro: García Rodríguez (A Coruña). Expulsou a Pablo (m.80) con vermella directa. Ademais, a amoestou a Soto, Baleato e Gabri Palmás, polo Compos; e a Ronald e Iñaki, polos visitantes.

Incidencias: Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. Partido da vixésimo quinta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 890 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.