Derrota catro meses e medio despois

1 de Marzo de 2020
Parada Julen vs Polvorín FC 1
Parada de Julen ao disparo de falta de Bicho na primeira parte. Foto: Amadeo Rey.
  • Un dobrete de Morais decidiu o partido contra o Lugo B disputado no Anxo Carro

Santiago de Compostela, a 1 de Marzo de 2020.

A SD Compostela non puido entrar no mes de marzo con bo pé, xa que caeu por 2-0 contra a Polvorín CD Lugo B. Un dobrete de Morais, cun gol en cada parte, decidiu a contenda disputada no Anxo Carro, significando a terceira derrota na liga do Compos, a primeira despois de dezasete xornadas e catro meses e medio.

Nun campo de fútbol profesional, de dimensións similares ao Vero Boquete, o Compos saíu fiel ao seu estilo tan característico, un xogo de toque que tan ben se adapta a terreos de xogo grandes e de herba natural. Así, e saíndo cunha marcha máis que o seu rival, os branquiazuis comezaron a asediar a área do filial lucense.

Non transcorreran nin dous minutos cando chegou a primeira opción compostelanista cun disparo de Bicho desde a frontal da área, mentres que, seis máis tarde, Saro non conseguiu conectar un pase atrás de Miki.

O mediapunta branquiazul, moi activo no seu regreso tras sanción, probaría tamén os reflexos de Julen nunha falta desde o pico da área na que pisou a pelota Samu e golpeou potente abaixo o sadense, pero o porteiro despexouna a córner, un saque de esquina no que Brais Abelenda non puido acertar coa rede no segundo pau.

Con todo, cando máis asentado estaban os nosos chegou o tanto dos lucenses nunha contra. Manu conectou con Álex Rey e este puxo un servizo á perfección ás costas dos centrais para a carreira dun Morais que se enfrontou no man a man e cravou o disparo axustado ao pau.

O tanto, nun momento psicolóxico, mandou o encontro ao intermedio con vantaxe local, a cal aumentou á volta dos vestiarios. O Compos saíu deles con ganas de igualar, pero atopouse co dobrete de Morais. O filial roubou en zona de tres cuartos e o dianteiro centro non marrou ante Pato. Foron dúas chegadas con dous tantos, o cal complicou as aspiracións santiaguesas.

Aínda así, os de Yago Iglesias non baixaron os brazos e coa entrada de pernas de refresco buscaron continuamente a portería rival. Tívoa Brais Abelenda para recortar diferenzas, pasada a hora de encontro, pero el pase atrás de Primo topouse coas pernas dun defensa cando o de Bembibre xa se dispoñía a embocar.

Con chegadas por banda seguiron insistindo os nosos. Así, sete máis tarde, Josiño puxo o centro raso desde a banda, o cal rematou Hugo Sanmartín, pero o balón foise centrado e atrapou Julen. O propio Sanmartín, nunha gran xogada individual, mandou o golpeo axustado á parte superior da rede. Mesma sorte que atoparon Samu ou Bicho nos últimos compases, polo que non houbo forma de cambiar o luminoso.

Ante a falta de fortuna, o duelo terminou con vitoria local por 2-0 que, consecuentemente, supuxo a derrota da SD Compostela dezasete xornadas despois. Tiveron que pasar catro meses e medio para que caesen de novo os nosos, un tropezo que dará forzas ao cadro branquiazul para volver máis fortes. Para iso, tocará demostrar a fortaleza do fortín o vindeiro domingo, ás 17.00 horas, contra a UD Ourense.

FICHA TÉCNICA:

2- Polvorín FC Lugo B: Julen; Varo, Nico, Quindimil, Matías; Juan Brunet, Manu; Rayco, Álex Rey (Luís, m.80), Chiqui (Christian, m.86); e Morais (Morais, m.68).

0- SD Compostela: Pato; Saro, Álvaro Casas, Queiruga (Gabri Palmás, m.75), Jimmy (Josiño, m.68); Samu, Baleato (Hugo Sanmartín, m.58); Miki, Bicho, Brais Abelenda; e Primo.

Goles: 1-0: Morais, min.41; 2-0: Morais, min.57.

Árbitro: Quintairos Rial (Vigo). Amoestou a Juan Brunet, polos locais; e a Brais Abelenda e Gabri Palmás, polo Compos.

Incidencias: Estadio Anxo Carro (Lugo). Partido da vixésimo sexta xornada de liga do grupo 1 da Terceira División disputado ante 400 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.