“O ascenso do Compos afectaríanos para ben e agardamos que o logre”

14 de Maio de 2020
Poñentes e Patrocinador II Clínic La Excelencia del Entrenador 1
Lalo Crespo, segundo á dereita, durante a celebración do II Clínic «La Excelencia del Entrenador» no Hotel Oca Porta do Camiño.

O Hotel Oca Porta do Camiño tivo que pechar as súas portas o pasado mes de marzo como consecuencia da declaración do estado de alarma. O establecemento, que xa leva moitos anos apoiando ao proxecto branquiazul, levaba unha tendencia á alza, polo que Lalo Crespo, o seu director, agarda que, tras a súa reapertura, gozar dun verán digno.

Como lle afectou esta corentena a un hotel como o seu?

Dunha maneira moi delicada, porque tiñamos unha moi boa tendencia e dun día para outro caeunos todo. Unha tónica que foi xeral en todos os hoteis. Nós, con 160 habitacións, moitos metros cadrados de salas e restaurante foi un pau duro. Polas características de hotel grande, con cincuenta empregados e un investimento importante, magnifícase bastante, pero xa estamos a traballar na reapertura para salvar o verán.

Cando esperan volver abrir as súas portas?

Confiamos en que a reapertura sexa a finais de xuño. Tentaremos adiantar os tempos, pero non será sinxelo e máis aínda coas limitacións impostas para o movemento. Por iso, de momento non vemos claro abrir pronto.

Pola súa localización, como lles afecta a suspensión dos congresos?

Todo o que estaba previsto cancelouse, outros xa se pospuxeron e outros seguen vivos, pero vanse cambiando a medida que se achega a data. Mesmo hai algúns que se celebran de maneira virtual. Isto repercutiu en que reservas de grupos grandes internacionais caéronsenos.

En que se centrarán nesta campaña de verán?

A nivel xeral, o verán está convulso e non sabemos como vai reaccionar a xente, pero apostaremos polo turismo nacional, sobre todo, o familiar. Xa temos reservas puntuais para esas datas, aínda que dependerá moito dos clientes que queiran viaxar a Santiago, así como daqueles que o farán de maneira individual ou realizando o Camiño. Nós poñeremos toda a maquinaria para poder facer un verán digno.

En canto ao fútbol, que lle parece o playoff exprés exposto para o ascenso?

Non o considero xusto. Entendo que os catros primeiros poidan xogar unha fase, pero en todo caso, máis aló doutros moitos conceptos, o primeiro ten as mesmas opcións que o cuarto, mentres que antes tiñas dúas opcións. A un partido podes quedar eliminado, e tampouco me parece lóxico o do campo neutral. Entendo a fase, pero tería que ser doutra maneira. A dobre partido, ou que o primeiro, polo menos, teña a vantaxe de xogar no seu campo.

Que beneficios tería que o Compos ascendese a Segunda División B para un establecemento como o seu?

A relación entre Compos e o hotel é formidable, tanto co equipo directivo como co responsable de márketing. A relación é inmellorable e a idea é seguir crecendo xuntos. Se o Compos ascende, todos os equipos que veñan xogar contra el, probablemente, veñan ao noso aloxamento, xa que estamos á beira do campo e reunimos moi boas características para poder acoller a calquera equipo, xa sexa de fútbol ou de calquera outro deporte. Por iso, afectaríanos para ben e esperamos que o logre. Hai equipo, afección e unha masa importante para lograr o ansiado ascenso.

Por tanto, contará a SD Compostela 20/21 co apoio, un ano máis, do Hotel Oca Porta do Camiño?

Esta unión mantívose forte desde que estou eu, e tamén desde antes, polo que seguirá sendo así. Apoiaremos todas as iniciativas que se nos expoñan (Cea de Entroido, Clínic de Adestradores ou SD Empresarial), achegando o noso gran de area á entidade e colaborando en todo o que podemos e nos pidan.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
x24 🆚 Real Racing Club (Rayo Cantabria)🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 23/02🕔 17.00 horas💡 Ojoalvatio Asesoría Energética📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/ 🎯 A facer bo na casa o empate de onte#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️⚽️ Plan de traballo para o regreso ao Vero Boquete contra o Real Racing Club (Rayo Cantabria)#composrayocantabria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALUM Escobedo 0⃣-0⃣ COMPOS+1⃣ punto!⚽️ Bo partido dos nosos, dominando o encontro, pero sen capacidade para aproveitar as súas ocasións de perigo!🙌 Toca facer bo este empate o próximo domingo na casa!📸 Adriel Sierra#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOUM Escobedo 0️⃣-0️⃣ COMPOS Primeira metade moi controlada polos nosos, sen recibir ocasións e buscando o gol ante un rival en bloque baixo#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#escobedocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.