“O club merece ascender e está preparado a tódolos niveis para a Segunda B”

26 de Maio de 2020
Presentación Pablo Antas Lau Creaciones 1
Marcos Sanmartín (segundo á dereita) durante a presentación de Pablo Antas.
  • Marcos Sanmartín, xerente de Lau Creaciones, confía no ascenso do equipo e destaca a visibilidade que terá o playoff exprés

Santiago de Compostela, a 26 de Maio de 2020.

Como consecuencia da declaración do estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria, Lau Creaciones, un dos fieis patrocinadores do proxecto da SD Compostela, tivo que reconducir a súa actividade produtiva. Esta circunstancia permitiulle seguir adiante cun gran volume de traballo, pese á caída da impresión en gran formato. Desexando que esta dinámica laboral perdure, tamén ansía con celebrar nun par de meses o ascenso da SD Compostela, un salto de categoría que cre que merece o club.

En primeiro lugar, como levou Lau Creaciones o estado de alarma?

As nosas circunstancias, por sorte, foron bastante particulares e diferentes ao que aconteceu coa maior parte das empresas. A impresión en gran formato é a liña de negocio pola que máis nos damos a coñecer, pero tamén temos outra parte importante de traballo que ten que ver co corte láser e fresado de materiais como o metacrilato e o policarbonato.

Polo tanto, ante a demanda grande por elementos de auto-protección fabricados nestes materiais, desde a declaración do estado de alarma estamos a fabricalos. Esa circunstancia permitiunos que a nosa parada non fose máis alá do estritamente obrigado e permitiunos salvar tódolos postos de traballo da xente indefinida ou con contratos de longa duración, reconducindo a nosa actividade produtiva cara a ese tipo de elementos.

Agora, estamos nun momento de moito traballo, aínda que as circunstancias son moi complicadas por varios motivos. En primeiro lugar, pola necesidade da xente para abrir os seus negocios, despois pola carencia e desabastecemento brutal destes elementos e terceiro porque para conseguilos, tanto a nivel de xestión como económico, supón un esforzo moi importante.

As condicións non son as que a todos nos gustaría, pero nós non nos podemos queixar, porque o baleiro que se xerou nos proxectos habituais foi ocupado, en parte, por estes servizos que estamos a desenvolver.

Ata que punto lle afecta esta crise ao sector da impresión?

A parte máis afectada nesta crise é a relacionada coa hostalería e o téxtil, dous sectores para os que destinamos moitas impresións en gran formato (vinilos, lonas ou elementos ríxidos). Iso si, relacionado con todo o anterior, está a fabricación e impresión da sináletica para chans e escaparates relacionada coa covid-19. Por iso, o parón non foi total, pero esta parte do negocio si que se viu moi afectada.

Pasando ao plano futbolístico, como ve a posibilidade de xogar o playoff exprés?

Estamos emocionados e expectantes por ver como se resolve ese playoff exprés. Como diciamos hai uns cuantos meses, cando se fixo a presentación de Pablo Antas nas nosas instalacións, gustaríanos que fose o ano do ascenso, porque cremos que o club o merece, froito do traballo de todos estes anos. Ademais, e a pesar das circunstancias, naquel acto estabamos celebrando o décimo aniversario da nosa apertura, polo que lle pedíamos ao equipo, como agasallo, o ascenso. Bromas a un lado, estamos convencidos de que vai ser o noso momento. O equipo merece ascender e está cualificado e preparado a tódolos niveis, non só o futbolístico, para a Segunda B.

Este playoff, ao ser televisado, cre que aportará visibilidade ás empresas, como a súa, que visten a camisola da SD Compostela?

Non hai mal que por ben non veña. Desde ese punto de vista, para calquera patrocinador, o feito de que sexa televisado, e tendo en conta a expectación que terá polas ansias que ten a xente de ver deporte na televisión e de celebrar o ascenso do Compostela, non me cabe a menor dúbida de que será unha grandísima ocasión para que a nosa marca teña presenza nos medios de comunicación, nun momento no que a audiencia non será menor o dunhas circunstancias normais.

Contará o ano próximo a SD Compostela co apoio de Lau Creaciones?

Iso sería un síntoma de que saímos para adiante e seguimos en pe. Desde logo, o noso compromiso é firme, desde fai moitos anos, polo que salvo que as circunstancias sexan aínda peores ás actuais, que agardamos que non, contará co noso apoio. E digo máis, debería ser obriga das empresas (recollido nalgún tipo de lexislación) que parte dos nosos beneficios fosen investidos no deporte, xa sexa na base, a nivel semi-profesional ou profesional. Atrévome a dicir que estarían mellor invertidos neste ámbito, ca moitos outros fins aos que nos obrigan a destinar os cartos que gañamos as entidades.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.